Navia de Suarna

concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°57′54″N 7°0′16″O / 42.96500, -7.00444

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

Navia de Suarna
Escudo de Navia de Suarna
Ponte da Proba.jpg
Ponte medieval da Proba
Situacion Navia de Suarna.PNG
Situación
Xentilicio[1]naviego
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación997 hab. (2022)[2][3]
Área242,6 km²[3]
Densidade4,11 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias[4]
Capital do concelloNavia de Suarna
Política (2019[5])
AlcaldeJosé Fernández Fernández (PSdeG-PSOE [6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Navia de Suarna
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes90,45%
Na rede
concellonaviadesuarna.es
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

O concello, de 242 km², está situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares. Limita ao noroeste coa Fonsagrada, ao nordeste con Ibias (Asturias), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candín (provincia de León).

Está atravesado polo Río Navia, e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullán. O cumio máis alto é o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas.

PoboaciónEditar

Censo total 1.211 (2015)
Menores de 15 anos 41 (3.38 %)
Entre 15 e 64 anos 598 (49.38 %)
Maiores de 65 anos 572 (47.23 %)
Evolución da poboación de Navia de Suarna   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
6.670 6.633 6.546 3.773 1.732 1.441 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

Hai restos megalíticos, como as mámoas e dolmens de Ferreirúa e Vilarpandín. Da cultura castrexa hai restos de até 25 castros, como os de Monterrío, O Coedo, Larxentes, Cantón e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Liñares, Casa do Río, Sevane, Vilela ou Galegos. Na parroquia de Rao está o Campamento romano da Recacha. En Moia, Quintá, Muñís e Ribón consérvanse pallozas.

Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmeán. O castelo de Navia ten a súa orixe no século XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira, e foi destruído durante a Gran Guerra Irmandiña, e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba, sobre o río Navia, é de orixe romana. Ten un só arco apuntado, con muros altos e calzada empenada.

PatrimonioEditar

A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a ábsida románica, do século XIII. O templo de santa María de Rao é de nave rectangular, presbiterio con bóveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do século XVIII e un retablo lateral renacentista, do século XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave románica con armadura de madeira. A ábsida está formado por un tramo recto con bóveda de canón e o testeiro semicircular, con bóveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomónico de tres fornelos no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandín ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sancristías nos laterais. Conserva tallas dos séculos XV e XVI.

En san Xosé de Muñís hai unha capela con retablo barroco, de tres fornelos e catro columnas salomónicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelín e Molmeán.

Dentro da arquitectura civil, amais das pallozas e piornos, existen diversos muíños, pombais e cortíns, en Pan do Zarco e Vispeiro.

GastronomíaEditar

Nesta zona faise o queixo do Cebreiro. Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas, produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla.

Galería de imaxesEditar

Lugares de Navia de SuarnaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Navia de Suarna

Barcia (San Miguel) | Cabanela (Santa María) | Castañedo (Santiago) | Folgueiras (Santa Eufemia) | Freixís (San Pedro) | Galegos (Santiago) | Moia (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Muñís (San Xosé) | Penamil (Santiago) | Pin (Santa María) | A Proba de Navia (Santa María Madanela) | Queizán (Santiago) | Rao (Santa María) | A Ribeira (Santo Estevo) | Ribón (Santa Mariña) | Savane (San Xoán) | Son (Santa María) | Vallo (Santa Mariña) | Vilarpandín (Santo Estevo)

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Navia de Suarna".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Navia de Suarna". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase taménEditar