Comarca dos Ancares

comarca da provincia de Lugo

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Comarca dos Ancares
Comarca Ancares.png
ProvinciaProvincia de Lugo
Área1.049,96 km²
Poboación9.662 hab. (2020)
Densidade9,2 hab./km²
ConcellosBecerreá.svg Becerreá
As Nogais.svg As Nogais
Escudo de Baralla.svg Baralla
Cervantes.svg Cervantes
Escudo de Navia de Suarna.svg Navia de Suarna
Pedrafita do Cebreiro Coat of Arms.svg Pedrafita do Cebreiro

Localización e característicasEditar

É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 9 662 habitantes no 2020, e 1 049,96 km2[1], polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 9,20 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

PoboaciónEditar

Padrón municipal 2020 9.662 habitantes[1]
Menores de 15 anos 572 (5,92 %)
Entre 16 e 64 anos 5.182 (53,63 %)
Maiores de 65 anos 3.908 (40,45 %)

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-04-01. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar