As Nogais

concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°48′33″N 07°06′33″O / 42.80917, -7.10917

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego [8].

As Nogais
Escudo das Nogais
Casa consistorial das Nogais.jpg
Casa do Concello
Situacion As Nogais.PNG
Situación
Xentilicio[1]nogalego/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación991 hab. (2022)[2][3]
Área110,3 km²[3]
Densidade8,98 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeJesús Núñez Díaz (PPdeG [6])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais nas Nogais
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes91,51%
Na rede
http://www.concelloasnogais.es
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nos contrafortes das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m. no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

PoboaciónEditar

Censo total 1.191 (2015)
Menores de 15 anos 80 (6.72 %)
Entre 15 e 64 anos 649 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 462 (38.79 %)

HistoriaEditar

 
Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir aos carlistas.

Até 1916 recibía simplemente o nome oficial de Nogales, pero nese ano pasou a ser chamado Los Nogales para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).[9]

Da parroquia de Doncos foron naturais Balbino Santín Aira, de Sebrás e asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941 e Lisardo Freijo, nado en Doncos, e coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo, militar republicano primeiro, guerrilleiro antifranquista despois e morto o 26 de xuño de 1946 nun enfrontamento coa Garda Civil.

EconomíaEditar

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.

Lugares das NogaisEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais

A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán)


NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "As Nogais".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "As Nogais". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 53. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.