Torre de Doncos
A Torre de Doncos é o que chegou ata os nosos días dun castelo medieval, tamén coñecido como Fortaleza de Santo Agostiño ou como Fortaleza da Grupa. Foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.
Torre de Doncos | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | As Nogais |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°46′52″N 7°06′33″O / 42.78111111, -7.10916667 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (s. XV) |
Estilo actual | ? (s. XV) |
Estado actual | ruína |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarSitúase no concello lugués das Nogais. Está a 614 m de altitude, na beira do río Navia, nun outeiro no fondo do val, facendo do río un elemento defensivo propio e fundamental.
Rodéase dunha densa vexetación composta por carballos, nogueiras, castiñeiros, cerdeiras, abeleiras, abruñeiros, maceiras, salgueiros, figueiras, nos que viven o esquío, o corzo, o xabarín o raposo e mailo lobo.
Historia
editarA torre foi construída na segunda metade do século XV e abandonada no ano 1603. Pertenceu á familia dos Valcarce. Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e á condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.
Descrición
editarA súa función era defensiva e o seu valor estratéxico fundamental ao estar situada na entrada a Galicia.
O que queda da fortaleza é a torre da homenaxe que se estrutura en tres pisos ademais do soto escavado na rocha. De planta cadrada con oito metros de lado e 24 metros de altura, ten fortes muros de cachotaría de xisto, agás nos perpiaños dalgunhas das ventás. Os seus cimentos foron escavados na rocha nai.
Do muro exterior defensivo non é máis que perceptible parte da antiga traza, con restos das cercas e torres cilíndricas que a defendían.
Lendas
editarConta a tradición que neste lugar un antigo atacou co inimigo mouro coas estacas resto das súas lanzas como toda arma, sendo desde entón as armas do seu brasón cinco estacas de ouro en campo de goles.
Tamén é coñecida como a "Fortaleza da Grupa", polos feitos recollidos polo historiador Amor Meilán situados nos tempos da Reconquista. Estando naqueles tempos as terras ocupadas por tropas sarracenas trece cabaleiros leoneses xuramentaron protexer aos peregrinos que viaxasen cara a Santiago de Compostela. Ocorreu que un xove matrimonio foi atacado polos mouros levando con eles, na grupa dun cabalo, á muller. Os trece cabaleiros perseguiron ao mouro, e este ao verse alcanzado degolou á moza co obxecto de non ser atrapado e evitar que ninguén posuíra a esa bela refén.
Galería de imaxes
editar-
Vista da torre.
-
Vista do outeiro á beira do río Navia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Doncos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Varela, Suso: "La familia Valcarce perdió Doncos frente a la Casa de Alba en 1566" La Voz de Galicia, 17/8/2015 (en castelán).
- Torre de Doncos en Turgalicia.