Manuel Amor Meilán
Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xaneiro de 1867 A Coruña, España |
Morte | 9 de decembro de 1933 (66 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, novelista, dramaturgo, poeta, xornalista, historiador |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Amor Meilán (Manuel), p.16) |
Traxectoria
editarTraballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.
Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.[1]
Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.
Fundador da Real Academia Galega en 1905,[2] tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Obras
editarEn galego
editar- Treboadas, 1884 (poesía)
- Xuana, novela de costumes gallegas, 1886, O Galiciano (novela)
- Os fillos da praia, 1887 (novela)
- Reinar despois de morrer, 1897
En castelán
editar- Mendo de Maceda o los amores de un noble, 1882 (novela)
- Justicias y crueldades, 1883 (novela)
- Desde la honradez de un crimen, 1884 (novela)
- Pedro Madruga, 1887 (poesía)
- Amante, esclava y verdugo, 1888 (novela)
- Dolores, Álbum de mi hija, 1890
- Sol y sombra. Cuentos y paisajes, 1893
- El último hijodalgo, 1893, Biblioteca Gallega (relatos)
- Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), 1898 (ensaio)
- Santa Trahamunda, 1900
- Galicia en el teatro antiguo, 1902
- Influencia de la dominación musulmana en Galicia, 1902
- Floralba, 1902 (poesía)
- La cadena, 1905
- La bella Cintia, 1907
- Cuentos y Romances, 1907 (narrativa e poesía)
- El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político, 1908
- Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, 1912
- Suriña, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1913 (novela).[3]
- Romances, 1916
- Historia de la provincia de Lugo, 1918-27, 7 volumes
- Geografía General del Reino de Galicia (Tomo IV, provincia de Lugo; 1928)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Amor Meián, Manuel" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ "Manuel Amor Meilán". Real Academia Galega.
- ↑ Suriña, en PDF.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Amor Meilán |
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 62.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 492. ISBN 84-7492-465-0.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. p. 164. ISBN 84-95350-79-3.
- Montenegro, José María (1-IV-1934). "Manuel Amor Meilán". Boletín da Real Academia Galega XXI (252): 265-270. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 03 de agosto de 2022.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- "Amor Meilán, Manuel Pascual". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 53.