José María Montenegro Soto

José María Montenegro Soto, nado en Mondoñedo en 1868 e finado en Lugo o 7 de xullo de 1934, foi un avogado, político e propietario agrario galego. A súa familia era propietaria de terras en Abadín.

José María Montenegro Soto
José María Montenegro Soto 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento1868
 Mondoñedo
Falecemento7 de xullo de 1934
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político e propietario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou cos xesuítas no Colexio da Pasaxe, Camposancos alcanzando o grao de bacharel en 1884[1]. Nas eleccións a Cortes de 1918 presentou a súa candidatura como maurista polo distrito da Fonsagrada, fronte a Manuel Portela Valladares[2], pero foi derrotado. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 20 de xaneiro de 1924, renunciando ao cargo o 1 de abril de 1925. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo, por Renovación Española. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3], da Real Academia de la Historia e padrón da fundación benéfica docente denominada "Institución de la Sagrada Familia, Fundación Pardo Montenegro", creada por Julia Pardo Montenegro, en Mondoñedo.

A súa residencia en Lugo estaba situada fronte a fachada principal da Catedral, e pegada á rampla que dá acceso á Muralla. Actualmente este edificio alberga o Vicereitorado da Universidade de Santiago e no terreo adxunto apareceron importantes restos arqueolóxicos da época romana.


Predecesor:
José Benito Pardo Rodríguez
  
Presidente da Deputación de Lugo
 
1924 - 1925
Sucesor:
Victoriano Sánchez Latas

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar