José Benito Pardo Rodríguez
José Benito Pardo Rodríguez, coñecido popularmente como Pepe Benito, nado en Balmonte (Castro de Rei) en 1867 e finado no mesmo lugar o 12 de outubro de 1939, foi un avogado e político lugués, prototipo de cacique da Restauración.
José Benito Pardo Rodríguez | |
---|---|
Nome completo | Jose Benito Pardo y Rodríguez |
Nacemento | 1867 |
Lugar de nacemento | Balmonte |
Falecemento | 12 de outubro de 1939 |
Lugar de falecemento | Balmonte |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
Fillos | José Benito Pardo Pardo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pardo Rodríguez naceu dentro dunha familia de notoria fidalguía. Era fillo de José Benito Pardo Balmonte e de María Rodríguez Rodríguez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, lugar onde fixo amizade con Carlos Pardo Pallín (o personaxe "Samoeiro" de La Casa de la Troya), máis tarde cuñado seu, con Alejandro Pérez Lugín e máis con Luis Recasens Siches.
Comezou a súa vida profesional como avogado civilista en Lugo. Entrou por influencia do seu tío Pegerto Pardo Balmonte no Partido Liberal, alcanzando a presidencia da Deputación Provincial lucense en 1899, cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos. O seu rival político ao longo do primeiro terzo do século XX sería o conservador Ángel López Pérez.
Durante a Segunda República apoiaría para unha segunda volta, ante a anulación das eleccións do 12 de abril de 1931, unha candidatura apañada conxuntamente co gobernador civil, co obxectivo de anular a López Pérez. Esta candidatura resultaría elixida, non sen grande escándalo nas Cortes. Volvéronse repetir, mais pouco variaron[1]. Logo achegouse á CEDA, dando apoio á candidatura do seu fillo, José Benito Pardo Pardo, nas eleccións xerais españolas de febreiro de 1936, que sairía elixido deputado. No período da Guerra Civil española mantívose á marxe, aínda que con frecuencia se lle pediu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra.
Referencias literariasEditar
Polo seu poder caciquil e influencia xurídica, Pepe Benito tiña gran sona na provincia de Lugo. Aparece citado nas obras de Cunqueiro e Fole, pero sempre de pasada, sen retrato literario máis extenso do que unhas breves liñas como apoio de referencia de época.
NotasEditar
- ↑ X.R. Barreiro Fernández, O devalar da Restauración: a Ditadura e o tránsito á República, in Gran Historia de Galicia, t. XI. A Coruña. 2007, páx. 213
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos. Biblioteca Seminario Diocesano, ed. "Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia" (PDF). Lucensia. XVIII (34): 79–98. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2020.
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Pastor Maseda Vázquez de Parga |
Presidente da Deputación de Lugo 1899 |
Sucesor: Germán Vázquez de Parga |
Predecesor: Germán Vázquez de Parga |
Presidente da Deputación de Lugo 1901 - 1903 |
Sucesor: Germán Vázquez de Parga |
Predecesor: Manuel Pérez Batallón |
Presidente da Deputación de Lugo 1909 - 1914 |
Sucesor: Emilio Tapia Rivas |
Predecesor: Emilio Tapia Rivas |
Presidente da Deputación de Lugo 1917 - 1924 |
Sucesor: José María Montenegro Soto |
Predecesor: Manuel Baamonde Robles |
Presidente da Deputación de Lugo 1930 - 1931 |
Sucesor: Daniel Vázquez Campo |