Deputación de Lugo
Coordenadas: 43°00′48″N 7°33′24″O / 43.013335, -7.556602
A Deputación provincial de Lugo, unha das catro deputacións de Galiza, é o órgano institucional propio da provincia de Lugo e ao que corresponden diversas tarefas tanto administrativas como executivas. Traballa en prol da totalidade dos municipios lugueses e ocúpase de traballos de coordinación entre concellos e máis de dotación de infraestruturas, control destas e supervisión en xeral de calquera movemento administrativo da provincia de Lugo.
Sede da Deputación, en Lugo. | |
Fundación: | 1836 |
---|---|
Provincia: | Lugo |
Enderezo: | Rúa San Marcos N°8 – 27001 Lugo |
Presidente: | José Tomé Roca (PSdeG-PSOE) |
Orzamento: | 89,5 (2015)[1] |
Número de empregados: | 500 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 67 |
Na rede | |
https://www.deputacionlugo.gal/gl | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
HistoriaEditar
A Deputación de Lugo foi creada no ano 1836, como consecuencia da organización de España en provincias. Naquela época exerceu competencias en materia de obras públicas, educación, beneficencia, así como funcións intermedias entre os municipios e a administración do estado.
No ano 1979 quedou constituída como organismo democrático á vez do proceso de transición que se desenvolvía en España.
PresidentesEditar
- 1979–1983: Luís Cordeiro Rodríguez, de UCD.
- 1983–2007: Francisco Cacharro Pardo, do PPdeG.
- 2007–2015: Xosé Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG-PSOE.
- 2015: Elena Candia López, do PPdeG.
- 2015–2019: Darío Campos Conde, do PSdeG-PSOE.
- 2019-presente: José Tomé Roca, do PSdeG-PSOE.
Representación provincialEditar
O pleno da deputación está formado por 25 deputados. A representación dos diferentes partidos políticos logo das eleccións municipais de 2019 é a seguinte:[3]
- Partido Popular de Galicia, 12
- Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obreiro Español, 10
- Bloque Nacionalista Galego, 3
No pleno de investidura do ano 2015, a candidata do PP, Elena Candia López foi elixida presidenta tras empatar a 12 votos co candidato socialista Darío Campos e votarse o deputado socialista Manuel Martínez a si mesmo.[4] O 8 de outubro de 2015, PSdeG e BNG presentan unha moción de censura e desta vez, co apoio de Manuel Martínez, o socialista Darío Campos foi elixido presidente da deputación.
En 2019 repetiuse o acordo entre PSdeG e BNG. Dende aquela o presidente é José Tomé, alcalde de Monforte de Lemos, e a vicepresidenta, Tareixa Ferreiro, concelleira na capital.[5]
NotasEditar
- ↑ La Diputación de Lugo aprueba sus primeros presupuestos participativos, en los que el PP ve mucha propaganda. elprogreso.galiciae.com, 25/11/2014 (en castelán).
- ↑ JOSÉ MANUEL RUBÍN, A Deputación, na senda da normalización. La Voz de Galicia, 10 de decembro de 2012
- ↑ Nova composición das deputacións. praza.gal, 25/05/2015.
- ↑ "La popular Elena Candia, nueva presidenta de la Diputación de Lugo gracias a un alcalde socialista". www.abc.es, 24/06/2014 (en castelán).
- ↑ "Corporación de Goberno | Deputación de Lugo". www.deputacionlugo.gal. Consultado o 2020-09-10.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Deputación da Coruña
- Deputación de Ourense
- Deputación de Pontevedra
- Museo Provincial de Lugo
- Arquivo do Museo Provincial de Lugo