Deputación de Ourense
Coordenadas: 43°22′12″N 8°23′54″O / 43.370049, -8.398243
A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.
Fundación: | 1836 |
---|---|
Provincia: | Ourense |
Enderezo: | Rúa Progreso, 32 ; 32003 Ourense |
Presidente: | Manuel Baltar (PP) |
Orzamento: | 75,7 millóns de € (2015)[1] |
Número de empregados: | 756 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 92 |
Enderezo web: | www |
Boletín oficial: | bop |
HistoriaEditar
CreaciónEditar
A súa creación parte da división territorial de España en 1833, o proxecto levado a cabo por Javier de Burgos en 1833.
PresidentesEditar
O seu actual presidente é o conservador Xosé Manuel Baltar, concelleiro de Esgos e o seu vicepresidente é Rosendo Fernández, quen fora candidato á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 2011 obtendo o peor resultado para o PPdeG dende 1991. Tras as eleccións municipais de 2015 repite Xosé Manuel Baltar como presidente, e Rosendo Luis Fernández Fernández como vicepresidente[3] tras presentarse como número dous nas listas do PP ao concello da Merca[4].
Últimos presidentesEditar
- 1944-1955: Arturo Pérez Serantes
- 1955-1959: José Rodriguez de Dios
- 1959-1970: Antonio Alés Reinlein
- 1970-1973: David Ferrer
- 1973-1974: Eduardo Olano Gurriarán
- 1974-1976: Luis Álvarez Rodríguez
- 1976-1978: David Ferrer
- 1978-1990: Vitorino Núñez
- 1990-2012: Xosé Luís Baltar
- 2012-actualidade: José Manuel Baltar Blanco
Representación provincialEditar
O pleno da deputación está formado por 25 deputados. A representación dos diferentes partidos políticos saída das eleccións municipais de 2019, é a seguinte[Cómpre referencia]:
PolémicasEditar
En decembro de 2012 a Deputación de Ourense presentou o primeiro ERE dunha deputación en España. Nun principio afectaba a 32 traballadores con contratos indefinidos pero posteriormente reduciuse a 25 traballadores. O caso está a ser xulgado polo TSXG[5].
NotasEditar
- ↑ La Diputación de Ourense aprueba inicialmente el presupuesto de 2015. www.laregion.es, 31/10/2014 (en castelán).
- ↑ JOSÉ MANUEL RUBÍN, A Deputación, na senda da normalización. La Voz de Galicia, 10 de decembro de 2012
- ↑ Baltar renovará a Rosendo Fernández como vicepresidente da Deputación. www.lavozdegalicia.es, 05/03/2015.
- ↑ Rosendo Fernández se asegura un puesto de edil para optar a la Diputación. www.laregion.es, 15/04/2015 (en castelán).
- ↑ La Diputación de Ourense defiende ante el TSXG que su ERE está «perfectamente argumentado». La Voz de Galicia
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deputación de Ourense |