Luís Menor
Luís Menor Pérez, nado no Pereiro de Aguiar en 1964, é un político e funcionario galego.
Luís Menor | |
---|---|
Nacemento | 1964 |
Lugar de nacemento | O Pereiro de Aguiar |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Ocupación | político e funcionario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Diplomado en Educación pola Universidade de Santiago, licenciouse posteriormente en Dereito na UNED. Posteriormente realizou cursos de especialización en criminoloxía[1].
Laboralmente, iniciouse traballando como axente xudicial na década dos 80, onde foi medrando primeiro a oficial de xustiza e posteriormente a secretario de xulgado, posto que acadou en 2009. Nese mesmo ano comezou a traballar en cargos de libre designación da Administración, nomeado polo Partido Popular de Galicia: primeiro foi escollido xefe territorial da consellería de Presidencia na provincia de Ourense, ao nao seguinte, en 2010 accedeu ao posto de secretario territorial da delegación provincial da Xunta de Galicia, e en 2014 á dirección xeral de Emerxencias e Interior[2], na consellería de Presidencia.
A finais de 2018 fíxose público que encabezaría a lista do Partido Popular nas eleccións municipais de 2019 no seu concello natal, O Pereiro de Aguiar[2].
NotasEditar
- ↑ "Luis Menor Pérez - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 2018-11-28.
- ↑ 2,0 2,1 Región, La. "Luis Menor será el candidato del PP a la alcaldía de Pereiro". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-28.