Vitorino Núñez
Victorino Núñez Rodríguez, nado en Quiroga o 20 de maio de 1936 e finado o 19 de xuño de 2010, foi un avogado e político galego.
Vitorino Núñez | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1936 |
Lugar de nacemento | Quiroga |
Falecemento | 19 de xuño de 2010 |
Causa | cancro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
- Para o escultor véxase Victorino Núñez Díaz
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito, aprobou as oposicións a secretario municipal e foi destinado ao concello da Rúa[1] na década dos sesenta. Nese posto coincidiu co empresario e político Euloxio Gómez Franqueira, que o introduciu na Caixa Rural de Ourense e como colaborador del na empresa Coren-Uteco.
Sería con Gómez-Franqueira con quen tamén daría os primeiros pasos políticos ao fundar canda Xosé Quiroga Suárez Acción Política Orensana nos albores da transición democrática, que, despois de negociar co Partido Popular de Pío Cabanillas, acabaría integrándose directamente en UCD[1]. Coa UCD accede á presidencia da Deputación de Ourense en 1979, logo de saír elixido como concelleiro en Ourense. Logo da debacle electoral dese partido nas eleccións xerais de 1982, Victorino Núñez forma parte do núcleo fundador de Centristas de Ourense, abrocho á súa vez de Coalición Galega.
Despois do derramo cerebral que afectou a Euloxio Gómez Franqueira e que deixou a Coalición Galega sen un liderado claro, Vitorino Núñez abandonaría ese partido en 1985 para recompoñer o grupo inicial baixo o nome de Centristas de Galicia. Esta pequena formación, con implantación fundamentalmente na provincia de Ourense presentouse a varios comicios coaligada co Partido Popular, no que finalmente terminaría por integrarse.
Tras as eleccións lexislativas de 1986 obtivo un escano no Senado, do que tomou posesión o 22 de xuño e en outubro de 1989 saíu elixido deputado no Congreso. En 1990 saíu elixido deputado no Parlamento de Galicia, e mercé aos acordos entre a súa formación e o Partido Popular foi escollido presidente do Parlamento durante sete anos (entre 1990 e 1997), correspondentes á terceira e cuarta lexislaturas.
Logo do seu paso polo parlamento galego regresou ao Senado en 1997, escollido en representación da comunidade autónoma, ata o 20 de xaneiro de 2004, data en que se disolveron as cámaras.
Vida persoalEditar
Casou e tivo catro fillos. Foi ademais vogal do consello de administración de Promocións Culturais Galegas, a sociedade que editaba o xornal A Nosa Terra[2].[3]
Faleceu como consecuencia dun cancro[4] e foi incinerado e soterrado en Quiroga.
GalardónsEditar
Foi nomeado fillo predilecto do concello de Quiroga en novembro de 2008.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Xan Carballa: "Franqueira foi o meu mestre", entrevista a Vitorino Núñez publicada en A Nosa Terra, nº1335, 27/11/08, páxs.10-11
- ↑ Un consello de administración plural[Ligazón morta], A Nosa Terra, 3 de decembro de 2007
- ↑ "Manuel Veiga: "Seremos máis plurais e menos doutrinarios"". www.elcorreogallego.es. 05 de decembro de 2007.
- ↑ Victorino Núñez, ex titular de la Cámara será incinerado hoy Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/6/2010
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. pp. 400–401. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigosEditar
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Predecesor: David Ferrer |
Presidente da Deputación de Ourense 1979–1990 |
Sucesor: Xosé Luís Baltar |
Predecesor: Tomás Pérez Vidal |
Presidente do Parlamento de Galicia 1990–1997 |
Sucesor: Xosé María García Leira |