Caixa Rural de Ourense

A Caixa Rural de Ourense, fundada como Caja Rural de Orense, foi unha entidade bancaria xa desaparecida que operou na provincia de Ourense na segunda metade do século XX.

Publicidade da Caixa Rural ourensá no campo de fútbol Cardeal Quiroga de Maceda.

Historia editar

A Caixa Rural de Ourense creouse, en paralelo a outras moitas caixa de aforros chamadas rurais, para darlle resposta ás necesidades de financiamento de pequenos empresarios dos sectores da gandería e da agricultura españois, e neste caso aos da provincia de Ourense. O ano da súa creación foi o 1961[1] e nela participaron entre outros Eulogio Gómez Franqueira, empresario e político local, fundador do grupo de cooperativas agrarias ourensás Coren e de Coalición Galega, e que na década dos setenta ocupou o posto de xerente da entidade bancaria[2]

Na década de 1980 o modelo de caixas rurais entra en crise, e son paulatinamente absorbidas por outras entidades. No caso da Caixa Rural ourensá, os accionistas decidiron en agosto de 1988 ratificar o acordo de compra por parte de Caixa Galicia, daquela a entidade máis importante de Galicia[3], e que tamén mercara a Caixa Rural de Pontevedra e a Caixa Rural da Coruña.

O seu último director foi Nicolás Diéguez, quen durante tres anos compaxinou o seu cargo tamén co de director xeral de Coren.

Notas editar

  1. Cronoloxía de Coren Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Web de Coren.
  2. Perfecto Conde Muruais, Reunión de los ex ministros Fraga, Cabanillas y Robles Píquer, El País, 14/8/1976.
  3. La Caja Rural de Orense..., El País, 2/8/88.