Maceda
Coordenadas: 42°16′15″N 7°39′3″O / 42.27083, -7.65083
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Allariz - Maceda e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 2.924 habitantes (3.262 en 2004, 3.307 en 2003).
Maceda | |
---|---|
![]() | |
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | macedáns (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Allariz - Maceda |
Poboación | 2.839 hab. (2020)[2][3] |
Área | 101,9 km²[3] |
Densidade | 27,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Capital do concello | Maceda |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Rubén Quintas Rodríguez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: CxG 1, E.S.C.O 1, C'S 1 |
Eleccións municipais en Maceda | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 73,88% |
Na rede | |
http://www.concellodemaceda.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello, de 102 km², está situado no Alto do Arnoia, entre o val de Xunqueira de Espadanedo e as vertentes da Serra de San Mamede.
DemografíaEditar
PoboaciónEditar
En 2017, Maceda tiña 2.924 habitantes distribuídos en 54 núcleos de poboación que ocupan 102 km², cunha densidade de poboación de 28,80 hab./km².[Cómpre referencia] O 66.71% da poboación vivía no núcleo municipal, Maceda, no ano 2016.[Cómpre referencia] Dende o ano 2007, máis da metade da poboación vive no núcleo municipal.[Cómpre referencia]
Os datos refírense a 1 de xaneiro de cada ano.
Censo total | 2.924 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 291 (9.95 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.617 (55.3 %) |
Maiores de 65 anos | 1.016 (34.75 %) |

Evolución da poboación de Maceda Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
4.948 | 5.919 | 5.991 | 5.467 | 3.262 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
A historia de Maceda está ligada ao castelo de Maceda[8], iniciado a comezos do século XI.
CulturaEditar
ToponimiaEditar
Maceda é un fitotopónimo que procede do latín mattianeta que provén do latín vulgar mattiana, "maceira", máis o sufixo abundancial -etam, polo que significa "lugar onde abundan as maceiras"[Cómpre referencia].
EtnografíaEditar
Festas e celebraciónsEditar
No mes de xullo celébrase no concello o Entroido Quente.
Maceda na cultura popularEditar
Vicente Risco recolle a crenza de que, en Maceda e en Castro Caldelas, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan [9].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Maceda.
Vaca galega na Fonte do Santo (Serra do San Mamede).
Carro en Santiso. Santiso, Maceda.
ParroquiasEditar
Lugares de MacedaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maceda vexa: Lugares de Maceda.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Maceda".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Maceda". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Hotel Monumento Castelo de Maceda en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
- ↑ Vicente Risco 1962, 368.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maceda |
BibliografíaEditar
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- MacedaVirtual.com Web de noticias sobre Maceda feito co formato de PHP-Nuke (en castelán)
- "Maceda". www.crtvg.es. 6 de febreiro de 2016.
- Maceda na TVG(en galego)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |