Sancho Ordóñez

rei de Galiza

Sancho Ordóñez ou Sancho I,[1] nado en 895 e finado en 929, foi rei de Galiza[2] desde 926 até a súa morte. Fillo primoxénito de Ordoño II, casado coa princesa galega Goto, foi coroado trala morte de Froila II.

Modelo:BiografíaSancho Ordóñez
Biografía
Nacementoc. 896 Editar o valor en Wikidata
Morte929 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Lugar de sepulturaCastrelo de Miño Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Galicia
926 – 929
← Afonso FroilazAfonso IV de León → Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGoto Muñiz Editar o valor en Wikidata
PaisOrdoño II de Galicia e León Editar o valor en Wikidata  e Elvira Menendiz (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso IV de León
Ramiro II Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Acceso ao trono

editar

A morte de Froila II provocou un conflito bélico entre o fillo deste, Afonso Froilaz, e os fillos do seu irmán Ordoño II: Afonso Ordóñez (logo Afonso IV) e Ramiro Ordóñez (Ramiro II de León) capitaneados polo primoxénito Sancho Ordóñez.

Os principais magnates galegos estaban cos Ordóñez, debido ás vellas alianzas seladas polo vencello matrimonial. En efecto, a esposa de Sancho, Goto Muñiz e a de Ramiro II, Adosinda Guterrez, pertencían ás máis importantes familias galaicas con dominios dende o Cantábrico ata Coímbra. O bispado de Iria-Santiago era desafecto ao fillo de Froila, pois este negárase a recoñecer os seus dereitos históricos. Afonso Froilaz contaba co apoio de determinados oficiais asturianos e leoneses, acabou derrotado e refuxiado en Asturias, onde foi recoñecido como rei.

Sancho Ordóñez, vencedor da contenda, tivo que repartir os territorios cos seus irmáns. Afonso Ordóñez contaba co apoio de Sancho Garcés de Navarra e conseguiu coroarse o 12 de febreiro do 926 en León. Ramiro estableceuse en Viseu recoñecendo a soberanía do seu irmán máis vello Sancho e gobernando o territorio portucalense.

Sancho Ordóñez foi coroado no santuario de Santiago de Compostela ese mesmo mes, sobre o lugar apostólico (segundo el mesmo relata nun diploma) polo bispo de Iria-Santiago de Compostela Hermenexildo.

Relación política con Afonso IV de León

editar

Estabilizado a repartición, a documentación da época suxire un entendemento entre os irmáns, gobernando Sancho na Galiza nuclear e Afonso na "terra de fora" e nas cidades.[3] Confirman xuntos algún documento, aparecendo Sancho en primeiro lugar. Ambos presidiron a asemblea de nobres e eclesiásticos que tivo lugar en Sarria para restaurar o mosteiro de Santa María de Loio. - in praesentia Principum Domini Santii et Domini Adefonsi, Domini Ordonii Principis proles -.

A crónica do historiador árabe Ibn Haián, baseada noutra previa de al-Razí, narra a contenda bélica entrambos que provoca que Sancho sexa aclamado unanimemente polos seus leais en Galicia. O medievalista español Claudio Sánchez-Albornoz interpreta que a crónica confunde ao rei de León con Afonso Froilaz.

"Cando morreu Froila fillo de Ordoño, rei de Galiza[4], a quen deus maldiga (...) os cristiáns fixeron rei no seu lugar ao seu irmán Afonso fillo de Ordoño, a quen lle disputou o trono o seu irmán Sancho fillo de Ordoño, maior que el, o cal entrou en León, capital do reino dos galegos, como opoñente do seu irmán Afonso, sendo apoiado por algúns galegos, mentres que outros se mantiveron fieis a este (...) até que acordaron depór a Sancho e expulsalo de León, uníndose baixo o rei Afonso fillo de Ordoño.
Sancho fuxiu entón ao extremo de Galiza, cuxa poboación o recoñeceu e entronizou, sendo súa unanimemente, mentres o seu irmán Ramiro fillo de Ordoño (...) detentaba a zona adxacente desde o oeste de Galiza até o límite de Coímbra.
Ao pouco morreu Sancho na rexión onde se tiña refuxiado, sen deixar fillos, co que esta pasou ao rei unanimemente aceptado, Afonso, que xa non tivo competidor no poder e reinou sete anos. Posteriormente, mudou de parecer e, chamando ao seu irmán Ramiro, entregoulle o reino, abdicou e fíxose monxe, ingresando nun dos seus venerados mosteiros, onde morou algún tempo, alleo ao poder".
Ibn Haián - Muqtabis V[5]


Goberno

editar
 
Ábsida da igrexa de Santa María en Castrelo de Miño, onde o rei Sancho e a raíña Goto recibiron sepultura.

No seu goberno adivíñanse tres liñas de actuación:

O modelo parece que funcionaba: o derradeiro documento que dá noticia de Sancho Ordóñez está datado no 10 de xuño do 929 e nel o nobre Ansuario doa ao universe urbe Gallecie princeps, as vilas de Benvivere e Marinotas, onda o monte Leboreiro.

Mediante aqueles tres piares mantivo a estabilidade do seu curto reinado; modelo que imitaría o seu irmán máis novo Ramiro II, gobernante na zona portucalense e que acabaría facéndose con todos os territorios da antiga Gallaecia, trala morte de Sancho, a quen sempre fora leal, e despois de derrotar a Afonso IV de León. A alianza coa nobreza galaico-portugesa e a lexitimidade do poder baixo a beizón do bispo de Iria-Santiago serán os factores integradores do seguinte período.

Aínda no ano 947, Ramiro II outorga unha escritura de doazón a prol da viúva de Sancho Ordóñez a quen segue a denominar Domine Gotho Regina.

  1. López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 9. ISBN 978-84-92792-76-4. 
  2. Andrade Cernadas, Jose Miguél, ed. (1995). O tombo de Celanova: estudio introductorio, edición e índices, (ss. IX-XII). Consello da Cultura Galega. p. Folio 094r. serenissimus rex domno Santius universe urbe Gallecie princeps 
  3. Ordoño de Celanova. Díaz y Díaz, Manuel C., ed. Vida y Milagros de San Rosendo. Fundación Pedro Barrie de la Maza. pp. 236–237. (...) se diuisio inter Galletiae et terra de foris uel ciuitates de fratribus meis, qui obtinuerunt ciuitates et terra de foris cui uoluerunt concesserunt et donauerunt 
  4. "Ḏj̲illīḳiyya na Encyclopédie de l’Islam". referenceworks.brillonline.com/. Consultado o 25/11/2019. 
  5. Carballeira Devasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. p. 150. 

Véxase tamén

editar
  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Froila II, Afonso Froilaz, Sancho I e Afonso IV. Uns reis en tempos de inestabilidade.
(Nós Diario, 26.09.2022)

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
Reino de Galiza

Segue a:
Afonso Froilaz
Sancho Ordóñez
Precede a:
Afonso IV
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)