Afonso Froilaz
Afonso Froilaz foi rei de León e de Galiza[1] durante un breve lapso de tempo, entre 925 e 926; tan desafortunado foi que a historia nin sequera o rexistra cun ordinal para acompañar o nome. A súa situación na cronoloxía dos "Reis de León" foi estabelecida só no século XX por Claudio Sánchez-Albornoz apoiándose en dous textos do século X, a nómina "rotense" e a "vigilana".
Afonso Froilaz | |
---|---|
Nacemento | 911 |
Falecemento | 933 |
Lugar de falecemento | Ruiforco de Torío |
Soterrado | Basílica de Santo Isidoro de León |
Nacionalidade | Reino de León |
Ocupación | gobernante |
Pai | Froila II |
Nai | Nunilona Ximena |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo e sucesor natural de Froila II, que xa tivera un reinado conflitivo, pois era un usurpador e contaba con moitos inimigos, poucos meses despois de ascender ao trono os fillos de Ordoño II, Sancho Ordoñes e Afonso Ordoñes tomaron armas contra el, por se xulgaren con máis dereito á coroa de León (unha vez que o trono lles fora usurpado polo pai de Afonso, o rei Froila, irmán de Ordoño). Sancho ficou coas terras galegas ao norte do río Miño e Afonso coas Terra de Foris. Asturias e Castela (coroado o 12 de febreiro de 926). Afonso Froilaz, vencido, refuxiouse nas Asturias, onde parece que mantivo o control da rexión até 931 sen renunciar ás súas pretensións ao trono. En 932 foi feito prisioneiro, xunto cos seus irmáns Ordoño e Ramiro, e o anterior rei, Afonso IV, por Ramiro II, o cal ordena que sexan todos cegados e encarcerados en mosteiros. No mosteiro de Ruiforco morreu uns anos máis tarde; dise que o futuro Ordoño IV era seu fillo, mais non hai probas que corroboren que Afonso teña tido descendentes.
Notas editar
- ↑ Outros historiadores non fan a diferenciación política entre reino de Galiza e o de León, considerando que en realidade Afonso Froilaz foi rei de toda Galiza.
Véxase tamén editar
Froila II, Afonso Froilaz, Sancho I e Afonso IV. Uns reis en tempos de inestabilidade. |
Bibliografía editar
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
- Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La familia gallega del rey Alfonso Froilaz (926-931)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo) (9): 107–152. ISSN 2255-5811.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Froila II |
Afonso Froilaz | Precede a: Sancho I |