Froilán II
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Froilán II[1] (en castelán e asturiano Fruela, tamén chamado Froila) foi señor de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza[2][3] desde 924 ata 925[4].
Froilán II | |
---|---|
Nacemento | 874 |
Lugar de nacemento | Oviedo |
Falecemento | agosto de 925 e 925 |
Lugar de falecemento | provincia de León |
Causa | Lepra |
Soterrado | Catedral de León |
Nacionalidade | Reino de Asturias |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Afonso III de Oviedo |
Nai | Ximena Garcés |
Cónxuxe | Urraca de Tolède e Nunilona Ximena |
Fillos | Afonso Froilaz |
Irmáns | Ordoño II e García I de León |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Gobernou Asturias tras a morte de seu pai, Afonso III, e en 924, ao morrer seu irmán Ordoño II (co cal, ademais de co seu outro irmán García, conspirara para lle arrebatar o trono a seu pai), foi posto no trono na cidade de León pola nobreza e o clero, que viron nel lexitimidade suficiente, ao señor fillo de Afonso III, e irmán do finado Ordoño II.
Casou antes de 911 con súa curmá a raíña Nomilia Ximenes (tamén coñecida como Nunilo Jimena) filla do rei de Navarra Sancho Garcés e da súa muller a raíña Toda Aznárez de Aragón. Após a súa morte, o seu fillo e herdeiro Afonso Froilaz foi desposado do trono por Afonso IV, o fillo do seu irmán Ordoño II.
Tivo catro fillos:
- Afonso Froilaz, con Dª. Nomilia.
- Ordoño Froilaz, con Dª. Urraca.
- Ramiro Froilaz, con Dª. Urraca.
- Aznar Fuela, fillo bastardo.
Ascendencia Editar
16. Vermudo I | ||||||||||||||||
8. Ramiro I de Galicia | ||||||||||||||||
17. Numila | ||||||||||||||||
4. Ordoño I de Galicia | ||||||||||||||||
9. Paterna | ||||||||||||||||
2. Afonso III de Galicia | ||||||||||||||||
5. Munia | ||||||||||||||||
1. Froila II | ||||||||||||||||
24. Íñigo Ximénez | ||||||||||||||||
12. Íñigo Arista | ||||||||||||||||
25. Oneca | ||||||||||||||||
6. García Íñiguez de Pamplona | ||||||||||||||||
26. ? | ||||||||||||||||
13. Oneca Velázquez | ||||||||||||||||
27. ? | ||||||||||||||||
3. Ximena Garcés | ||||||||||||||||
14. ? | ||||||||||||||||
7. Urraca Ximenes | ||||||||||||||||
15. ? | ||||||||||||||||
Notas Editar
- ↑ López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. p. 86-87. ISBN 9788496203273.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228.
este ano faleceu o tirano Froila, principe dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí)
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12).
el tirano Fruela,señor de Galicia (citando a al-Nasir)
- ↑ Outros historiadores prefiren diferenciar entre reino de Galiza e o de León, en troques de usar o termo "rei de toda Galiza".
Véxase tamén Editar
Froila II, Afonso Froilaz, Sancho I e Afonso IV. Uns reis en tempos de inestabilidade. |
Outros artigos Editar
Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Ordoño II |
Froilán II | Precede a: Afonso Froilaz |