Ordoño I de Oviedo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Ordoño I, nado en Oviedo no 821, foi fillo de Ramiro I herdando deste, o goberno de toda a Galiza alto-medieval[1] desde 2 de febreiro do ano 850 ata o 27 de maio de 866, data na que morre.
Ordoño I | |
---|---|
![]() | |
Miniatura medieval onde se representa a Ordoño I, Libros dos Testamentos, Oviedo. | |
Rei da Galicia altomedieval | |
850-866 | |
Predecesor | Ramiro I |
Sucesor | Afonso III |
Coroación | 2 de febreiro do ano 850 |
Nacemento | 821 |
Falecemento | 27 de maio de 866 Oviedo |
Sepultura | Catedral de San Salvador de Oviedo |
Cónxuxe/s | Munia |
Descendencia | Afonso III Vermudo Nuno Odoario Froila |
Proxenitores | Ordoño Paterna |
Desde mediados do século XIX é designado tradicionalmente pola historiografía española como rei de Asturias, mais gran parte da historiografía galega desde finais do século XIX rexeita tal denominación por ser inconsistente e levar a engano.
Primeiros anosEditar
Segundo as Crónicas afonsinas, morou os primeiros anos da súa vida en Oviedo, até os nove anos, na corte de Afonso II. Logo trasladouse a Lugo, onde residiu, completou a súa educación e iniciou a súa formación militar. Ordoño mudárase coa súa familia, a causa do nomeamento de gobernador de Galiza de seu pai.
Foi nomeado gobernador provisional substituíndo ao seu pai Ramiro, mentres este ía ás Bardulias para casar con Paterna, que sería a súa segunda muller. Naquela viaxe, o rei Afonso II morre, e Nepociano, un nobre de palacio, -posible herdeiro lexítimo de Afonso- logra proclamarse rei con axuda de aristócratas asturianos e vascos.
Colaborou nas tarefas de organización do exército galego que o seu pai formou contra Nepociano, aínda que el non loitou e quedou en Lugo como gobernador provisional. Tras a vitoria do seu pai sobre as tropas asturianas e vascas de Nepociano, marcha cara Oviedo xa como príncipe herdeiro.
MatrimonioEditar
Pouco despois, aos 26 anos, en 847, casou cunha nobre chamada Munia, probabelmente irmá de Iñigo Arista, rei de Pamplona. Deste casamento naceron polo menos seis fillos, dos cales, o primoxénito foi Afonso III o Magno. Tamén foi filla súa Dona Palla, que estabeleceu a súa corte en Peñaullán, no concello de Pravia, sobre os antigos restos dun castro, coñecido actualmente como o castro de Dona Palla.
Acceso ao tronoEditar
Foi coroado tras a morte de Ramiro I, o 1 de xaneiro do 850. Pouco despois tivo que facer fronte a unha sublevación dos vascóns, apoiados probablemente polo Banu Qasi de Zaragoza. Tras sufocar a revolta, e mentres volvía a Oviedo, recibiu noticias de que os musulmáns ían atacar ás Bardulias. Entón dirixiuse ao seu encontro e venceunos nas ribeiras do Ebro.
Tras isto, o gobernador de Zaragoza, Musa ibn Musa, comeza a fortificar a cidade de Albaida (a actual Albelda de Iregua). Ante a intranquilidade de ver o perigo de ver o que isto supuña para os seus intereses, decidiu asediar e posteriormente arrasar a cidade.
PolíticaEditar
Con respecto a súa relación con Al-Ándalus, apoiou aos mozárabes sublevados contra a autoridade do emir de Córdoba, acción que lle valeu a derrota na batalla de Guadacelete en 854.
Este fracaso obrigouno a consolidarse na zona comprendida entre o Douro e a Cordilleira Cantábrica, con repoboacións e amurallando as cidades de León, Astorga, Amaia e Tui, converténdoas na defensa dos seus reinos.
Intentou avanzar na conquista a expensas do señor musulmán de Tudela, conseguindo controlar os accesos a Navarra e ás terras dos vascóns. O gobernante musulmán de Córdoba reaccionou mandando unha forte expedición ao val de Miranda de Ebro e Álava, que foi arrasada, onde o primeiro conde castelán, foi completamente derrotado na batalla da Morcuera. Isto frenou a reconquista por un tempo.
DescendenciaEditar
Casou con Munia ou Nuna e tivo polo menos seis fillos:
- Afonso, que sería rei.
- Vermudo.
- Nuno.
- Odoario.
- Froila.
Ordoño I de Oviedo Dinastía Ramírez Nacemento: 821 Falecemento: 27 de maio 866
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Ramiro I |
Rei de Galicia alto-medieval 850–866 |
Sucedido por Afonso III |
NotasEditar
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 139.
Ordoño I principe dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Maqqari)
BibliografíaEditar
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.