Xosé Antonio López Teixeira

historiador galego

Xosé Antonio López Teixeira, nado en Vigo en 1957, é un historiador e ensaísta galego.

Xosé Antonio López Teixeira
Nacemento1957
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, historiador e catedrático
Na rede
AELG: 348 Dialnet: 1709437
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de profesor no IES Santa Irene. O seu labor de investigación xira, fundamentalmente, acerca da análise dos alicerces políticos e da conformación do Reino de Galicia -e xa que logo, da propia comunidade galaica-, situada na luzada da Idade Media. Colabora habitualmente en revistas de investigación e pensamento e en suplementos culturais de xornais.

Obras Editar

Ensaio Editar

  • As orixes políticas do reino. Usurpadores e tiranos, 1999.
  • Arredor do 'Regnum Christianorum' dos Galegos, 2000.
  • A reconstrucción político-institucional do reino de Gallaecia, 2001.
  • Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910), 2003, Toxosoutos.
  • A formación do reino de Galiza, 2010, Toxosoutos.
  • Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega, 2013, Toxosoutos.

Obras colectivas Editar

Premios Editar

  • Mención de honor no Concurso Nacional de Poesía O Facho de 1980, por Na parede de granito rosáceo.
  • Premio de Historia Medieval de Galicia en 2002, por Arredor da conformación do reino de Galicia (711-910).
  • Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal en 2013, por Códice Calixtino.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar