Agrupación Cultural O Facho
A Agrupación Cultural O Facho é unha asociación cultural creada na Coruña o 23 de decembro de 1963[1].
Agrupación Cultural O Facho | |
---|---|
Placa na sede da agrupación na Coruña. | |
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1963 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarXurdiu como un colectivo cultural que agrupaba aos defensores da lingua galega o que permitiu un primeiro desenvolvemento político organizado contra a ditadura. Entre os seus promotores estaban Henrique Harguindey, Andrés Salgueiro, Xosé Luís Carneiro e Xosé Luís Rodríguez Pardo.
A Agrupación organizou cursos de lingua galega, creou un grupo de teatro do que foi responsábel Manuel Lourenzo, organizou o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e realizou en 1975 unha mostra de banda deseñada que recollía os traballos do "Grupo do Castro". Estableceu un premio para a literatura infantil e xuvenil, galardón que recaeu na primeira edición de 1968 no libro de Carlos Casares A galiña azul. Tamén organizou excursións para coñecer a cultura do país, a celebración do Día das Letras ou dun programa de radio en galego en 1973.
En xaneiro de 2012, a asociación doou á Real Academia Galega a súa biblioteca, cadros, carteis e o seu arquivo documental.
Notas
editar- ↑ "50 aniversario da Agrupación Cultural O Facho ". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gurriarán, Ricardo, coordinador e comisario (2012). Exposición Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) CCG.