Henrique Harguindey
escritor e tradutor galego
Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946, é un escritor e tradutor galego.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1946 (78 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , tradutor |
Xénero artístico | Ensaio e tradución |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Maruxa Barrio |
Fillos | Breixo Harguindey Barrio |
Irmáns | Gerardo Harguindey Banet |
Irmán do antigo senador Gerardo Harguindey, casou coa escritora Maruxa Barrio. É o pai de Breixo Harguindey, editor e crítico de banda deseñada[1].
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Francesa e catedrático de francés, foi un dos promotores da Agrupación Cultural O Facho. Foi concelleiro en Cangas polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega entre 1987 e 1995.
Obras
editarEnsaio
editar- A saquetiña da lingua: exercicios de perfeccionamento no galego enxebre, 1999, Xerais
- O fío da lingua, 2005, Laiovento
- Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático, 2009, Laiovento
- La Galice, dez séculos de olladas francesas, 2009, Universidade de Santiago de Compostela
Obras colectivas
editar- Textos para o ensino do galego, 1976, Edicións do Rueiro
- Xeografía descriptiva de Galicia, 1979, Edicións do Rueiro
- Contos galegos, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio)
- Lerias e enredos para os máis pequenos, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio)
- Antoloxía do conto popular galego, 1994, Galaxia (con Maruxa Barrio)
- Contos populares galegos: animais, 1995, Galaxia (con Maruxa Barrio)
- Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, 1995, Xerais (con Xosé Manuel Pazos)
- O mal do zapateiro e outros contos, 1998, Xunta de Galicia
- Unha maré de palabras, 2005, Museo Massó, Xunta de Galicia
- Urbi et orbi. Dende o galego para o mundo, 2011
Traducións
editar- O poema do país que ten fame de Paol Keineg, 1978, Edicións do Rueiro
- O estraño cabaleiro, de Michel de Ghelderode, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega
- Farsa do mestre Pathelin, Cadernos da Escola Dramática Galega
- Ubu Rei de Alfred Jarry, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega
- Amazonia, de Gabrion, 1990, Xerais
- A máquina perplexa, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais
- O mestre dos robots, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais
- Alerta en África, de Jean-Pierre Autherman, 1991, Xerais
- A deusa dos ollos de xade, de Dieter, 1991, Xerais
- Dinghys-Dinghys: Lannapurna club, de Marc Barceló, 1991, Xerais
- Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais, 1991, Xunta de Galicia
- Os homes transparentes, de Marc Wasterlain, 1991, Xerais
- A prisioneira, de Jean-Pierre Autheman, 1991, Xerais
- Tumuc-Humac, de Gabrion, 1991, Xerais
- A amnesia dos Dalton, de Morris, 1992, Xerais
- Capitán Futuro, de Jean Bourguignon, 1992, Xerais
- O imperio do Pacífico, de Jean-Pierre Autheman, 1992, Xerais
- Satí: Basil & Victoria, de Yann Lepennetier, 1992, Xerais
- Exercicios de estilo, de Raymond Queneau, 1995, Xerais. Con Xosé Manuel Pazos Varela
- Cartas das Illas Bailarinas, de Jacques Prévert, 1996, Xerais
- A noite xusto antes dos bosques. Combate de Negro e de can, de Bernard-Marie Koltès, 1996, Laiovento
- Macbett, de Eugène Ionesco, 1998, Xerais
- O reiciño de Galicia de Victor Hugo, 1998, Laiovento
- Cándido ou o optimismo, de Voltaire, 1999, Xerais
- Historia do rei Kabul 1º e do seu pinche Galván de Max Jacob, 1999, Ir Indo
- Roberto di que_,de Siglint Kessler, 1999, Kalandraka
- Tres pezas cómicas medievais, 1999, Universidade da Coruña
- Os constructores de imperios ou O Schmürz, de Boris Vian, 2000, Laiovento
- A escuma dos días, de Boris Vian, 2001, Laiovento
- A cantante calva de Eugène Ionesco, 2002, Laiovento
- Cuarto libro, de François Rabelais, 2004, Laiovento
- Rinoceronte, de Eugène Ionesco, 2004, Laiovento
- Emilio ou da educación, de Jean-Jacques Rousseau, 2006, Universidade de Santiago
- O burgués fidalgo, de Molière, 2007, Laiovento
- O caso da rúa de Lourcine, de Eugène Labiche, 2008, Laiovento
- Zazí no metro, de Raymond Queneau, 2009, Laiovento
- Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, anónimo, 2015, Rinoceronte
- O derradeiro día dun condenado. Claude Gueux, de Victor Hugo, 2017, Laiovento
- Carta a un profesor mozo, de Philippe Meirieu, 2017, Kalandraka
- O Tartufo, de Molière, 2018, Laiovento
- Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac, 2019, Rinoceronte Editora
- Obxectivo A Lúa, de Hergé, 2020, Zephyrum Ediciones (con Breixo Harguindey)[2]
Premios
editar- Premio de tradución da II Gala do Libro Galego no 2017, por Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña.
Notas
editar- ↑ Ficha do persoeiro, CCCLab (en castelán).
- ↑ Astérix e Tintín voltan falar galego, culturagalega.gal, 16 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.