Maruxa Barrio

mesa e escritora galega

Maruxa Barrio Val, nada en Berredo (Agolada) o 12 de setembro de 1949, e finada en Cangas o 1 de xaneiro de 2023,[1] foi unha mestra e escritora galega.

Infotaula de personaMaruxa Barrio
Biografía
Nacemento(es) Maruxa Barrio Val Editar o valor em Wikidata
12 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Berredo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora e mestra
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHenrique Harguindey Editar o valor em Wikidata
FillosBreixo Harguindey Barrio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Trasladouse coa familia primeiro a Ferrol e despois a Coruña. integróuse no Teatro Circo dirigido por Manuel Lourenzo. Aprobou as oposicións a Maxisterio en 1978 e foi mestra nos colexios públicos de Nazaret (Cangas), O Hío, San Roque (Darbo) e no IES Monte Carrasco, centro do que foi directora. En 1982 participou na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e despois na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.[2]

Preocupada pola docencia infantil en galego, publicou en colaboración con Henrique Harguindey Textos pra o ensino de galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado en 1994 como Antoloxía do conto popular galego.[3] En 1979 publicou Xeografía descriptiva de Galicia.

 
Contos Populares, BBdCG.

Obra editar

  • Textos pra o ensino de galego (1976)
  • Xeografía descriptiva de Galicia (1979)
  • Lerias e enredos para os máis pequenos (1981)
  • Contos populares, Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983)
  • Antoloxía do conto popular galego (1994)
  • O mal do zapateiro e outros contos (1998)

Vida persoal editar

Casou con Henrique Harguindey. O autor de banda deseñada Breixo Harguindey é o fillo deles.

Notas editar

  1. "Fallece la profesora y escritora Maruxa Barrio". Faro de Vigo. 1 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  2. Maruxa Barrio, muxica leda
  3. isbns.net (ed.). "Books by Maruxa Barrio Val". Consultado o 20 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar