Manuel Lourenzo
- Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González.
Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943,[1] é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1943 (81 anos) Ferreira, España |
Educación | Institut del Teatre |
Actividade | |
Ocupación | director teatral, tradutor, dramaturgo, actor |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarManuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio, é Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.[1] Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967 funda o Grupo de Teatro Circo, de vital importancia dentro da historia do teatro galego, activo até 1976. Co Teatro Circo acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978 funda, de novo xunto a Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Henrique Rabunhal.[2]
En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego,[3] libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.
Colaborador na prensa diaria e en revistas especializadas de teatro: Primer Acto, Yorick, Antzerti, Escena, CasaHamlet etc.[4]
Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.
No ano 1990 crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.
En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.[5]
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet.[6]
No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.[7]
En decembro de 2021 a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura ofreceulle a homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo.[8]
O 14 de xuño de 2022, foi o protagonista dun acto no que se lembrou a súa traxectoria e viron a luz as súas Obras Completas, evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo.[9]
Un dos máis experimentados actores de teatro de Galicia, é ademais profesor de interpretación e actor de dobraxe. Ten colaborado en vídeo, cine e televisión, como en 1977 Quelques fleurs de saintété, de Jean-Pierre Jeanneson e a de 1988 Del Miño al Bidasoa de José Briz.[10]
Obra
editarObra de creación
editarAutor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a Transición...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática.
Algunhas das súas obras máis destacadas son:
- Tres irmáns parvas (1969). Represanado polo Teatro Circo de Artesáns en 1970.[11]
- Crónica do sol de inverno (1971). En: Primer Acto, Núm.137, outubro, 1971, p. 36-51
- Erros e ferros de Pedro Madruga (1972). Representada por "Teatro Circo de Artesáns" en 1972.[12]
- Romería ás Covas do Demo (1975). Pico Sacro. 70 páxs. ISBN 9788485170050.[13]
- Viaxe ao país de ningures (1977). Vigo: Galaxia. Cuberta e ilustración de Luís Seoane. 71 páxs.
- Todos os fillos de Galahad (1978).
- As criadas (1980). (Obra de Jean Genet, representada pola Compañía Luís Seoane en 1980, baixo a dirección de Manuel Lourenzo).
- Últimas fasquías de setembro (espectáculo). Na Casa Hamlet.
- Edén e outros paraísos (1981). Castrodouro, Gráficas coruñesas.
- Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981). Sada: Ediciós do Castro.[14] 150 páxs. ISBN 9788474920741.
- Fedra (1982). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- A noite dourada de Mimí da Cora (1982). Compañía Luís Seoane.[15]
- O segredo da Illa Troneira (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Defensa de Helena (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8486021641.
- Unha man de vento contra o mar (1989). Caixa Galicia.
- Agamenón en Áulide (1991). Teatro do Atlántico.
- Agamenón en Áulide (contos troianos) (2006) Silleda: Fervenza. 16 páxs. ISBN 978-84-96368-38-5.
- Forno de teatro fantástico (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474925456.
- Xoana (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Teatro mínimo (1992). Elsinor Teatro. Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
- Electra (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- O xardín dos contos (1994). Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós.
- A lexión sonámbula (1995). A Coruña: Hércules.
- O perfil do crepúsculo (1995). Cadernos de Teatro.
- A sensación de Camelot (1995). AS-PG.
- Magnetismo (1996). Deputación da Coruña.
- Veladas indecentes (1996). Santiago: Laiovento. Foi traducida ao español.[16]
- O circo da medianoite (1997). AS-PG/A Nosa Terra.
- Lionel. O Malestar do Benestar (1998). En Casa Hamlet.[17]
- Últimas faíscas de setembro (2000). Deputación da Coruña.
- A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003). Culleredo: Espiral Maior. 136 páxs. ISBN 9788495625649.
- Insomnes (2004). Deputación da Coruña.
- Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005). Santiago: Laiovento. 20 páxs. ISBN 978-84‐8487‐074‐6.
- Nocturnos (2005). Santiago: Laiovento. 132 páxs. ISBN 978-84-8487-068-5.[18]
- Eclipses (2006). Santiago: Laiovento. 180 páxs. ISBN 978-84-8487-094-4.[19]
- Illa: contos troianos (2006). Silleda: Fervenza. Ilustradora: Rosa Herraiz Cabanas. 22 páxs. ISBN 84-96368-40-8.
- Contos troianos (2007). Deputación da Coruña.
- Eléctricas (2007). Santiago: Laiovento. 168 páxs. ISBN 978-84-8487‐131‐6.
- As horas baixas (2008). Santiago: Laiovento. 122 páxs. ISBN 978-84-8487-147-7.
- Concerto (2009). Santiago: Laiovento. 144 páxs. ISBN 978-84-8487‐176‐7.[20]
- As dunas (2009). Centro Dramático Galego. Dirixida por Quico Cadaval. Versión de Romaría ás covas do demo.
- Medea dos fuxidos e outras pezas (2009). Biblos Clube. ISBN 978-84-937323-3-2.
- Flores de Dunsinane (2010). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-9914-141-1.
- Teatro circo: tres textos (2010). Deputación da Coruña.
- Tres versións (2010). Santiago: Laiovento. 110 páxs. ISBN 978-84-8487-197-2.[21]
- Aquelas cousas do verán (2011). Artes e Ideas Difusora de Letras. 62 páxs. ISBN 9788492958092.
- Novo teatro fantástico (2012). Santiago: Laiovento. 152 páxs. ISBN 978-84-8487-228-3.[22]
- Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016) Vigo: Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9121-113-6.[23]
- Suite Artabria (2017). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-252-2.[24]
Obra completa
editarOs catro volumes editados por Galiza Cultura recollen preto de 50 anos da produción teatral. O primeiro volume abrangue a dramaturxia comprendida entre 1960 e 1982, o segundo vai de 1983 até 1996, o terceiro de 1997 ata 2006, e o cuarto de 2007 até 2009.[25]
Obra ensaística
editarManuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:
- Tacholas (1975). Sada: Ediciós do Castro).
- O teatro infantil galego (1978). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992). Instituto Galego da Información.
- Pensar co corpo (2001). Deputación da Coruña.
Poesía
editar- Santuário (1983). Concello de Vigo.
Narrativa
editar- O hóspede escandinavo (2010). Culleredo: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788492646074. 61 relatos curtos.
Traducións
editar- A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).
Literatura infanto-xuvenil
editar- Teatro para nenos (1982). Sada: Ediciós do Castro).
Obra escrita con Francisco Pillado Mayor.
editar- A compañía galega Maruxa Villanueva (1979). Cadernos da Escola Dramática galega.
- O teatro galego (1979). Sada: Ediciós do Castro
- Antoloxía do teatro galego (1982). Sada: Ediciós do Castro.
- Dicionario do teatro galego (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
- Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006). Deputación da Coruña.
Obras colectivas
editar- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
- Monólogos (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990). Sada: Ediciós do Castro.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos.
- O camiño das estrelas (1993). Elsinor Teatro.
- O xardín dos contos (1994). Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós.
- O Canto de Vilavella (1996). Xunta de Galicia.
- Contos do Valadouro (1998). A Nosa Terra.
- Liñas para lelas (1998). RENFE/Grándola Nova Edicións.
- Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010). Deputación de Lugo.
- Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña.
- Banqueiros (2012). Santiago: Laiovento.
Actor
editar- Urxa, (1989). De Carlos Piñeiro.
- Os outros feirantes (1990). TVG.
- El baile de las ánimas (1994).
- Dame fuego (1995).
- Mareas vivas (1998-2002). Melgacho.
- Entre bateas (2002). Renato
- Terra de Miranda (2003).
- O lápis do carpinteiro (2003).
- Libro de familia (2008)
- Os mortos van á présa (2009). Paco.
- Matalobos (2010). Xosé Louro.
- Días azules. Policía.
- Vilamor (2012). O cura Don Aurelio.
- Fariña (2018). Vicente Otero Pérez "Terito".
- Elisa e Marcela (2019). O cura Víctor Cortiella.
Premios
editarDurante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:
- Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
- 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
- Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
- Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
- Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
- Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
- Premio Nacional do Disco (1981).
- Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
- Premio Artur Carbonell (1983).
- Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
- Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
- Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
- Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
- Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
- Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
- Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
- Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
- Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
- Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
- Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.[26]
- Pedrón de Ouro (2001).
- Premio Maruxa Villanueva (2004).
- Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
- Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).[27]
- Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
- Premio Otero Pedrayo das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[28]
- Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
- Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
- XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 2016, por Suite Artabria.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.
- En 2018 o FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo.[29]
- Cunqueiriano de honra en Mondoñedo, 2023.[30]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Manuel Lourenzo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Vilavedra 2000, p. 451-452.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es.
- ↑ País, El (1997-11-04). "Manuel Lourenzo, premio Nacional de Literatura Dramática". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "CasaHamlet". blogdecasahamlet.blogspot.com. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Onte 1831: Manuel Lourenzo Honoris Causa da ESAD de Galicia – Brétemas". Consultado o 2022-06-21.
- ↑ martinho. "Homenaxe a Manuel Lourenzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Diario, Nós (2022-06-09). "Galiza Cultura homenaxeará Manuel Lourenzo". Nós Diario. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Manuel Lourenzo AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Lourenzo, Manuel(1943-); Artesáns, Teatro Circo de (2010-09-24). "Tres irmás parvas".
- ↑ Lourenzo, Manuel; Artesáns, Teatro Circo de (2010-09-24). ""Erros e ferros de Pedro Madruga"".
- ↑ Teijeiro, Noelia Cendán (2012-06-14). "Do "Hipólito" de Eurípides á "Romería ás covas do demo" de Manuel Lourenzo: algunhas pasaxes de confluencia". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (en portugués) 15: 23–33. ISSN 1988-3285. doi:10.5209/rev_MADR.2012.v15.39191.
- ↑ Vilavedra 2000, p. 464-465.
- ↑ "Almazen - A noite dourada de Mimi da Cora CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en éuscaro). Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Veladas indecentes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-10.
- ↑ Carpo, Alberto; teatral), CasaHamlet (Grupo (2004). ""Lionel, o malestar do benestar" de Manuel Lourenzo".
- ↑ "Edicións Laiovento - NOCTURNOS". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Edicións Laiovento - ECLIPSES". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Edicións Laiovento - CONCERTO". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Edicións Laiovento - TRES VERSIÓNS". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Edicións Laiovento - NOVO TEATRO FANTÁSTICO". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Galiza Cultura edita a obra teatral completa de Manuel Lourenzo". Nós Diario. 2022-04-28. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Manuel Lourenzo, premio Nacional de Literatura Dramática". El país (en castelán). 5 de novembro de 1997.
- ↑ "Manuel Lourenzo gana el XVIII Premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrales con 'Flores de Dunsinane'". La Región (en castelán). 19 de outubro de 2009.
- ↑ Rodri García (19 de febreiro de 2011). "El premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamlet". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "O FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo". Turismo Carballo. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Redacción (2023-02-04). "O dramaturgo Manuel Lourenzo será distinguido como Cunqueiriano de Honra nun acto no Concello de Mondoñedo". Xornal da Mariña. Consultado o 2023-02-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Lourenzo |
Bibliografía
editar- "Lorenzo Pérez, Manuel María". Diccionario enciclopédico galego universal 39. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 18. ISBN 84-7680-429-6.
- "Lourenzo Pérez, Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1253. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Lourenzo, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
…Manuel María Lourenzo Pérez naceu na parroquia de Ferreira…
- Barrera, F., ed. (2002). "Lorenzo Pérez, Manuel María". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 341. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. "Lourenzo Pérez, Manuel María". Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 251–252. ISBN 84-7492-465-0.
- Pascual, Roberto (2006). Palabra e acción: a obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Tris Tram.
- Rodríguez, Pablo (1997). Manuel Lourenzo: vivir para o teatro. Uvegá Teatro.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 352–353. ISBN 84-8288-019-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.