Manuel Vieites

actor, director e estudoso do teatro
(Redirección desde «Manuel F. Vieites»)

Manuel Francisco Vieites García, nado en Lorbé (Oleiros) en 1956, é actor, director e estudoso do teatro galego.

Modelo:BiografíaManuel Vieites
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Oleiros, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJosé Manuel Breijo Vidal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX896218 BUSC: vieites-garcia-manuel-f-1956 Dialnet: 189820

Traxectoria

editar

É licenciado en Filoloxía Xermánica e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. A partir de 1980, comezou a desenvolver un grande labor como animador teatral, actor, director e estudoso da dramática galega. Entre os seus logros, figura o Taller de Teatro da Escola Popular de Corcubión, a Aula de Teatro da Escola de Profesorado da EXB de Pontevedra (1986-1989), ser o director e mais un dos fundadores dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, dirixir dous espectáculos (en 1985 e 1986) coa compañía Teatro de Ningures, formar parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixir as publicacións Ensaio e o Anuario Galego de Estudos Teatrais, ser profesor da Universidade de Vigo, dirixir o I.E.S. Politécnico de Vigo ou participar na edición da Biblioteca de Teatro posta en marcha pola Editorial Galaxia en 2004.

Desde 1996 forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e, actualmente, é o director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Manuel F. Vieites é un destacado estudoso do teatro galego. Entre as súas obras máis salientábeis, figuran:

  • Manual e Escolma da Literatura Dramática Galega (1996, Sotelo Blanco).
  • La Nueva Dramaturgia Gallega. Estudio y Antología (1998, ADE, Madrid).
  • Do Novo Teatro á Nova Dramaturxia (1998, Xerais).
  • Galicia e Residencia Teatral (2001).
  • Crónica do Teatro Galego (2003).
  • A Configuración do Sistema Teatral Galego (1882-1936) (2003, Laiovento).
  • O Teatro (2004).

Traducións

editar

Obras colectivas

editar