Os mortos van á présa

filme de 2008 dirixido por Ángel de la Cruz

Os mortos van á présa (en castelán: Los muertos van deprisa; nalgunhas fontes[1] traducido ao galego como Os mortos van ás présas) é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que se estreou o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, agás a actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodado en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.

Os mortos van á présa
Ficha técnica
Título orixinalLos muertos van deprisa
DirectorÁngel de la Cruz
ProdutorÁngel de la Cruz
GuiónÁngel de la Cruz
IntérpretesNeus Asensi
Chete Lera
Manuel Manquiña
MúsicaArturo Kress
FotografíaSuso Bello
EstudioPerro Verde Films
Artemática Producciones
Estrea21 de novembro de 2009
Duración104 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroComedia, drama
Na rede
IMDB: tt0353765 Filmaffinity: 757402 Rottentomatoes: m/lost_in_galicia Editar o valor en Wikidata

O papel de Cándido ía facelo Fernando Fernán Gómez, que morreu antes da rodaxe e foi substituído por Jean-Claude Guimard.

Sinopse

editar

O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar

O filme obtivo 20 nomeamentos ós Premios Mestre Mateo 2008, dos cales gañou 9: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e peruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina secundaria (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina secundaria (Xosé Manuel Olveira "Pico").

Ano Categoría Receptor Resultado
7ª edición Mellor filme Ángel de la Cruz Gañador
Mellor director Ángel de la Cruz Nomeado
Mellor actor Chete Lera Gañador
Mellor actriz Neus Asensi Nomeada
Mellor actor secundario Xosé Manuel Olveira "Pico" Gañador
Antonio Durán "Morris" Nomeado
Ernesto Chao Nomeado
Mellor actriz secundaria Belén Constenla Gañadora
Berta Ojea Nomeada
María Castro Nomeada
Rosa Álvarez Nomeada
Mellor guión Ángel de la Cruz Nomeado
Mellor dirección de produción María Liaño Gañador
Mellor dirección artística Marta Villar Nomeado
Mellor montaxe Mercedes Alted Nomeado
Mellor música orixinal Arturo Kress Nomeado
Mellor son Carlos Faroulo Gañador
Mellor fotografía Suso Bello Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Rosana Teijeiro e Raquel Fidalgo Gañadoras
Mellor deseño de vestiario Saturna Gañadora

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "Os mortos van ás présas/Los muertos van deprisa". AVG - O soportal do audiovisual galego. Consultado o 30/11/2023.