Santi Prego

actor e contacontos galego

Santiago Prego Cabeza, coñecido como Santi Prego, nado en Vigo o 15 de xaneiro de 1962, é un actor e contacontos galego.

Modelo:BiografíaSanti Prego

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1139204 BNE: XX1727291 BUSC: prego-santiago-1962 Dialnet: 1870901 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi fundador das compañías Ollomol-teatro submarino e Ollomoltranvía (1989-2000), e traballou co Centro Dramático Galego. Foi director da revista Escaramuza da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. É licenciado en Filosofía, e é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

No ano 2000 comezou a traballar no audiovisual. No 2001 recibiu o Premio ao Mellor Actor na categoría de cine nos festivais de Alcalá de Henares e de Zaragoza pola curtametraxe El río tiene manos. En 2020 optou ao premio Goya ó mellor actor revelación polo seu papel de Francisco Franco en Mientras dure la guerra.[1]

Teatro

editar
  • Mozart e Salieri (1987)
  • Nosferatu (1987)
  • Otro Mundo (1998)
  • Nun país tan lonxano (1998)
  • Espectros (1998)
  • Moleques (1989)
  • O Rei Lear (1990)
  • Fas e Nefas (1991)
  • Un soño de verán (1992)
  • Don Hamlet (1992)
  • Commedia (1993)
  • Raíñas de Pedra (1994)
  • O rei nu (1995), de Cándido Pazó e Quico Cadaval, con Ollomoltranvía.
  • Escola de Bufóns (1997)
  • Qui Pro Quo (1998)
  • Mahagonny (1998)
  • Ñiki-Ñaque (2000)
  • Policía (2001)
  • Tres Notas (2002)
  • Monólogo do imbécil (2002)
  • Pervertimento (2002)
  • A Comedia do Gurgullo (2003)

Filmografía

editar

Cinema

editar

Televisión

editar

Premios

editar
  • Mellor actor no festival de curtametraxes de Alcalá de Henares (2001).
  • Mellor actor no festival de curtametraxes de Zaragoza (2001).
  • Mellor actor secundario por Matria na 22ª edición dos Premios Mestre Mateo 2024.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar