O club da calceta (filme)
O club da calceta é un telefilme dirixido por Antón Dobao no ano 2009 e producido por Ficción Producciones, Televisión de Galicia, Diagonal TV e Televisió de Catalunya. Rodouse en Ferrol entre setembro e outubro de 2008 e está protagonizado polas actrices galegas Mela Casal, Susana Dans, Sonia Castelo e María Vázquez e a catalá Katia Klein. Forma parte do proxecto Un mundo de historias, sendo o quinto relato da literatura galega adaptado por Dobao.
O club da calceta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O club da calceta |
Director | Antón Dobao |
Produtor | Julio Casal, César Pardiñas |
Guión | Antón Dobao, Miguel Barros |
Intérpretes | Mela Casal, Susana Dans, Sonia Castelo, María Vázquez, Katia Klein, María Reimóndez, Antela Cid, Alfonso Agra, Mónica Caamaño, Monti Castiñeiras, Manuel Lourenzo, Camila Bossa, Luisa Martínez, Xosé Manuel Esperante, Pepe Munné, Xoel Fernández, Sheyla Fariña, Gonzalo Cunil, María Tasende, Isabel Escrigas, Inma Colomer, Lúa Testa, Santi Prego, César Cambeiro |
Fotografía | Alexandra Fernández, Suso Bello |
Montaxe | Luis Faraón |
Distribuidora | Televisión de Galicia, Televisió de Catalunya |
Estrea | 2009 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarO club da calceta é unha adaptación libre da premiada novela do mesmo nome da lucense María Reimóndez, que tamén forma parte do elenco da produción.
Conta a historia dun grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, unhas horas que aproveitan tamén para compartir os seus problema e preocupacións e loitar contra unha sociedade machista e clasista cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo.
Galardóns e nomeamentos
editar- Gañadora do premio do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Famalicao (norte de Portugal), que destaca cos seus galardóns as obras literarias levadas ó cine.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor filme para televisión | Alfonso Zarauza | Nomeado |
Mellor actriz | María Vázquez | Gañadora | |
Mellor fotografía | Suso Bello | Gañador |