Abrir o menú principal

Susana Dans López, nada na Coruña en 1965, é unha actriz galega.

Susana Dans
Nome completoSusana Dans López
Nacemento1965
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Coñecida especialmente polo seu papel na serie da TVG Pratos combinados, á que se incorporou trala marcha de Mabel Rivera para cubrir o oco deixado pola actriz.

Á marxe deste traballo cabe destacar a súa traxectoria teatral, entre a que destacan as obras O ano da cometa, que lle valeu en 2005 o premio de teatro María Casares á mellor actriz secundaria que xa gañara previamente en 2002 coa montaxe Rosalía, ou Mulleres, coa que foi merecedora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva en 2003. En 1987 participou na montaxe d' A pousadeira feita polo Centro Dramático Galego. En 2009 actuou n' As dunas, de Manuel Lourenzo.

En cine traballou nas longametraxes Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez; Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e Blanca Madison (1998) de Carlos Amil, así coma na curtametraxe Cabeza de boi (1996), de José Carlos Soler. Tamén traballou na televisión, presentando o programa da TVG Arroz con chícharos (1990-1991) e participando na serie Hospital Real (2015).

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor actriz Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Gañadora