Blanca Madison
Blanca Madison é unha produción cinematográfica dirixida polo galego Carlos Amil. Estreouse no ano 2000, aínda que a súa rodaxe tivo lugar na Coruña dous anos antes.
Blanca Madison | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Blanca Madison |
Director | Carlos Amil |
Intérpretes | Pilar Punzano (Blanca Madison), Javier Albalá, Tatiana Amil, Sabino Díaz Antón, Manuel Botana, María Bouzas, Mercedes Castro, Susana Dans, Sabino Díaz Antón, Mario Gas, Liz Lobato, Paco Lodeiro, Luisa Martínez Pazos, Rebeca Montero, Xosé Manuel Olveira "Pico", Josito Porto, Carolina Ramos, Nuria Sanz, Rosa Maria Sardà, Patricia Vázquez, Tuto Vázquez |
Estrea | 2000 |
Orixe | Galicia |
Recadación | 7.994,80 €[1] |
Na rede | |
Argumento
editarBocanegra rexenta un club nunha cidade atlántica, axudado por Nonó, coa que mantén unha complexa relación, na que Nonó exerce unha actitude protectora, maternal, e de amante non correspondida, que a leva mesmo a descoidar os seus deberes para con Urbano, un fillo ao que case non coñece. Este, que vén de saír do cárcere, entra ao servizo de Bocanegra como taxista.
Urbano recolle co seu taxi unhas prostitutas, coas que tamén viaxa unha meniña. Sen que el o saiba, é seguido por Blanca Madison, cantante de boleros, muller ferida física e psiquicamente na súa puberdade. Blanca volve á cidade onde sufriu con Bocanegra, para organizar, con desesperada frialdade matemática, unha quente vinganza que arrastrará tódolos personaxes do relato.
Bocanegra vive nun delicado equilibrio entre o mundo da familia que forma coa súa muller e a filla de doce anos, e o mundo da noite polo que se move como peixe na auga. A chegada de Blanca Madison altera a súa vida familiar e revive o monstro que leva dentro.
Blanca Madison utiliza a Urbano como levaetrae das súas mensaxes a Bocanegra. Pero o taxista non se conforma co papel de mensaxeiro e converte á cantante no seu obxecto de desexo. Os acontecementos precipítanse cando Urbano se decata de que só é un pelello utilizado por Blanca Madison ao seu antollo e como medio para achegarse a Bocanegra.
Notas
editar- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Blanca Madison". Consultado o 2 de novembro de 2019.