Arroz con chícharos
Arroz con chícharos foi un programa da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1990-1991 dedicado á realización de receitas de cociña e ofrecer información sobre a gastronomía e o mundo do cosumo, dirixíao Xosé Cermeño e presentábao Susana Dans.
Arroz con chícharos | |
---|---|
Duración | 20 minutos |
Presentado por | Susana Dans |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 3 de outubro de 1990 |
Na rede
| |
http://25anos.crtvg.es/tvg25/anoaano/1990/244 |
Contido
editarEn cada programa había un cociñeiro convidado que tras unha primeira presentación realizaba dúas receitas, a colaboradora Carmen Parada falaba dalgún dos produtos que precisaba esas receitas e o doutor Juan Jesús Gestal comentaba as cualidades nutriciais ou medicinais de diversos alimentos.