10ª edición dos Premios Mestre Mateo
A 10ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou ás producións audiovisuais de Galicia de 2011 e celebrouse o 28 de abril de 2012. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 28 categorías. A cerimonia celebrouse no auditorio Gaviota do Palacio de Exposicións da Coruña (Palexco).
O martes 6 de marzo de 2012, nun acto celebrado no Centro Ágora da Coruña. Ese ano, a gala levou por título Crise, que crise? debido ás dificultades engadidas que están a teren as industrias do cinema e da televisión galegas para seguiren facendo produción de calidade en plena recesión económica.
A Gala dos PMM11
editarDesenvolvemento
editarAo evento acudiron máis de 900 persoas, para celebrar a festa do audiovisual galego, nunha época de boa saúde creativa. A actriz María Castro foi unha das máis celebradas da noite por levar o peso de gran parte da gala, que resolveu con monólogos, números musicais e moito humor durante dúas horas e media.
Tanto a Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios, como o director da gala, Ángel de la Cruz, enfocaron esta noite de sábado como unha noite de celebración, de reivindicación e de unión, na que tanto os integrantes da Academia como os 107 finalistas pasaron pola alfombra vermella con ganas de compartir os éxitos propios e os dos seus compañeiros. Os finalistas tamén posaron no photocall da entrada do Palexco, e os gañadores volveron fotografarse despois, coa súa estatuíña.
Entre os proxectos con máis candidaturas nesta edición destacaban a serie de televisión Matalobos, finalista en 15 categorías;[1] a longametraxe de ficción Doentes, en 13;[2] a longametraxe de animación Engurras, en 8;[3] a longametraxe documental Tralas Luces, en 6,[4] e a longametraxe para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, tamén finalista en 6 categorías.[5][6]
Na gala entregáronse galardóns en 28 categorías, para as que estaban nomeados 107 profesionais. Cada un dos gañadores recibiu a súa estatuíña de mans dunha parella de artistas convidados, que entregaron cada unha delas en tres premios a tres categorías distintas. Foron en total dez parellas, ademais da encargada de recibir ao Premio de Honra Fernando Rey. No medio de cada unha das intervencións intercaláronse diversas actuacións musicais, sketchs e monólogos, para facer desta festa do audiovisual galego unha noite de entretemento.
Entre as parellas encargadas de entregar os premios figuraban algunhas das caras máis coñecidas da televisión e a escena galegas, como Luís Tosar, Roberto Vilar, Beatriz Manjón, Xosé Manuel Olveira "Pico", Isabel Blanco, María Mera, Pedro Alonso ou Isabel Risco. Así mesmo, pasaron polo escenario da Gala dos Premios Mestre Mateo outros actores e actrices galegos, máis coñecidos polo seu traballo a nivel estatal, como Javier Gutiérrez, que encarna ao entrañábel "Satur" en Águila Roja, David Seijo, que é "Ramiro" na serie El Barco, ou o presentador Fernando González "Gonzo".
Mediada a gala, as produtoras Emma Lustres e Fernanda del Nido, en nome da Academia Galega do Audiovisual, fixéronlle entrega do Premio de Honra Fernando Rey a Dolores Ben, á que se lle outorgou pola súa decidida aposta polo audiovisual do país, que vén demostrando nos últimos 20 anos de traballo a prol do sector.
Os discursos
editarA gala estivo repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, dos gañadores e do propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro. Todos os que fixeron uso da palabra pediron que non se deixe de lado o sector do audiovisual, e que se faga unha política pública consensuada co sector.
A maioría dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que se siga a apoiar a produción propia, posto que o audiovisual é un sector estratéxico que xera moitos postos de traballo e sentido de pais.
Antonio Mourelos, presidente da Academia, destacou no seu discurso que non foi doado cumprir os 10 anos de existencia da institución, pero non quixo volver a insistir no talento, profesionalidade e creatividade do sector do audiovisual galego, porque "estamos cansos de ir de despacho en despacho para dicir que somos un sector importante que da traballo a moita xente, quen o ten que saber xa o sabe e se non fai nada porque non quere ou porque non lle deixan". Aínda que Mourelos recoñeceu que tamén hai que facer autocrítica para ter cada vez producións de máis cualidade e buscar investimento aquí e fóra. "Digámoslle a quen corresponda que a cultura importa", rematou.
Pola súa banda, Dolores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento dicindo que supón un estímulo para seguir traballando. "O audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro", afirmou. "Ten que facerse unha política de audiovisual clara e consensuada co sector para poder superarmos a situación actual", engadiu na mesma liña que moitos dos galardoados esta edición.
Actuacións musicais
editarEste ano a dirección dos premios apostou polos números musicais, o humor, a autocrítica e, tamén, pola esperanza ante o futuro do audiovisual galego porque "o talento non está en crise". "Oliver Twist", interpretada por máis de 50 nenos e nenas; "Pennies from heaven" por María Castro; "Se eu fora rico", por Luís Tosar e o "Aquarius" do musical dos anos 60 Hair pola presentadora, foron os pratos musicais da noite, que repasou cunha ollada ácida, pero tamén optimista, as crises máis importantes dos últimos séculos, desde a Revolución Industrial do século XIX até a presente, tendo claro que toda crise pasada foi sempre peor.
Presenza institucional
editarOs principais representantes das institucións públicas e privadas que estiveron presentes na gala foron o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, os portavoces do grupo socialista, Francisco Cerviño e do grupo nacionalista, Ana Pontón, a concelleira de Cultura da Coruña, María Fernández, o deputado do BNG, Francisco Jorquera, o director xerente do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla, a concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, a vicepresidenta 2ª da Academia Española de Cine, Judith Collel e o representante da Academia de Cine Catalá, Xavi Lite, entre outros.
Premios
editarOs gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[7]
Mellor filme | Mellor director |
---|---|
|
|
Mellor filme de animación | Mellor filme para televisión |
| |
Mellor actor | Mellor actriz |
|
|
Mellor actor secundario | Mellor actriz secundaria |
|
|
Mellor guión | Mellor realizador |
|
|
Mellor obra experimental | Mellor documental |
|
|
Mellor serie de televisión | Mellor programa de televisión |
| |
Mellor dirección de produción | Mellor dirección artística |
|
|
Mellor comunicador de televisión | Mellor montaxe |
|
|
Mellor música orixinal | Mellor son |
|
|
Mellor fotografía | Mellor maquillaxe e peiteado |
|
|
Mellor obra interactiva | Mellor produción de publicidade |
|
|
Mellor curtametraxe de imaxe real | Mellor curtametraxe de animación |
|
|
Mellor deseño de vestiario | Mellor filme documental |
|
|
Premio de Honra Fernando Rey
editarObras máis premiadas
editar- Con 5 premios
- Doentes
- Longametraxe de ficción
- Intérprete masculino protagonista
- Dirección de produción
- Dirección artística
- Fotografía
- Engurras
- Longametraxe de animación
- Guión
- Dirección artística
- Son
- Música orixinal
- Con 4 premios
- Matalobos
- Serie de TV
- Interpretación feminina secundaria
- Interpretación masculina secundaria
- Realización
- Con 3 premios
- Tralas luces
- Longametraxe documental
- Dirección
- Montaxe
- Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde
- Interpretación feminina protagonista
- Maquillaxe e peiteado
- Vestiario
Predecesor: 9ª edición dos Premios Mestre Mateo |
Premios Mestre Mateo 10ª edición dos Premios Mestre Mateo |
Sucesor: 11ª edición dos Premios Mestre Mateo |
Notas
editar- ↑ "Matalobos" acapara o maior número de candidaturas aos Mestre Mateo", artigo en La Voz de Galicia, 6 de marzo de 2012.
- ↑ Doentes, fiche en Cultura Galega.
- ↑ Arrugas Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Tralas luces Arquivado 28 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "A tv-movie Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego acada o máximo galardón no festival de Houston" Arquivado 05 de xullo de 2012 en Wayback Machine., artigo na web da CRTVG.
- ↑ Ficha na web do Consello da Cultura Galega - AVG.
- ↑ "Lista de nomeados ós Mestre Mateo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.