Academia Galega do Audiovisual

asociación galega de profesionais do audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego (cine, televisión, multimedia, publicidade, vídeo). Os académicos exercen diversos oficios, traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións e, en palabras da súa academia, pensan o seu labor desde diversos postulados estéticos, industriais e ideolóxicos.

Academia Galega do Audiovisual
Logo
Tipoacademia
Data de fundación30 de maio de 2002
SedeCasa do Consulado
PaísGalicia
Na rede
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/
Facebook: AcademiaGalegaA Twitter: AcademiaGalegaA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A sede da Academia atópase na Casa do Consulado.

A AGA ten a súa sede na Casa do Consulado na cidade da Coruña.[1][2]

Características editar

 
Antonio Mourelos, presidente da AGA entre 2011 e 2015.

A misión da Academia é a de fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente co audiovisual en Galicia, promovendo e defendendo a imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector.

Entre as súas principais actividades destaca a organización anual dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo e dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio.[3] Esta e outras actividades, como o Foro Academia Aberta,[4] publicacións, obradoiros, debates etc. teñen como obxectivo fortalecer o coñecemento do audiovisual galego no máis amplo sentido, e contribuír a que a sociedade coñeza e valore o resultado do seu labor.

Creada o 30 de maio de 2002, no 2012 reunía a máis douscentos profesionais que traballaban nas diversas especialidades do sector: Arte, Dirección, Escritura, Fotografía, Interpretación, Música, Son, Produción, Posprodución e Promoción.

A Academia aprobou os seus estatutos o 12 de xuño de 2002, tendo lugar a última modificación o 27 de maio de 2011.[5]

Tras a Asemblea Ordinaria e Electoral do 27 de maio de 2011, o foi elixido como presidente o actor Antonio Mourelos.[6] Dende o 8 de maio de 2015 o seu presidente é o guionista Carlos Ares. Tamara Canosa, Nani García, Manolo González e María Yáñez forman parte da directiva.[7]

Notas editar

  1. Información na páxina web da AGA
  2. Páxina web inicial da AGA
  3. "III Premios María Luz Morales | Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2019-04-04. 
  4. "Foro Academia Aberta". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  5. Estatutos da AGA.
  6. Directiva
  7. Redacción (8 de maio de 2015). "O guionista Carlos Ares, novo Presidente da Academia do Audiovisual". Sermos Galiza. Consultado o 11 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar