Xosé Manuel Olveira "Pico"

actor galego

Xosé Manuel Olveira "Pico" Gallardo, nado en Creo (Esteiro, Muros) o 7 de setembro de 1955 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2013, foi un actor galego.

Infotaula de personaXosé Manuel Olveira "Pico"

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1955 Editar o valor em Wikidata
Creo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0648224 Allocine: 49713 Allmovie: p425093 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a traballar no teatro en 1972 na compañía de teatro afeccionado Ditea, onde permaneceu ata 1984. Ao ano seguinte, en 1985 comezou a súa colaboración co Centro Dramático Galego, co que chegou a participar en moitas das súas producións dos anos oitenta e noventa. Entre os seus últimos espectáculos figuraron Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez, ou O florido pénsil (2011).

Porén fíxose sobre todo coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series de moita audiencia coma Mareas vivas onde interpretaba o crego don Amancio, Pratos combinados, onde encarnaba o avogado Pedro Barreiro, ou en Padre Casares, onde exercía o papel de bispo.

En cine cabe salientar a súa colaboración en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasoles cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).

Entre 2009 e 2011 foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Vida persoal editar

Puxéronlle Pico de neno pola forma do nariz[1]. Durante uns anos viviu como cantante de orquestra.

Faleceu por causa dun cancro que o obrigara a retirarse dos escenarios en 2012.

Obra editar

Teatro editar

Ademais da súa traxectoria amadora co grupo Ditea, actuou en, entre outras,[2]

Cinema editar

Longametraxes editar

Curtametraxes editar

Televisión editar

Personaxes fixos editar

Personaxes episódicos editar

Galardóns editar

Polo seu labor como actor obtivo seis dos máximos premios do cine e do teatro galegos. Así, no cinema obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria por Os mortos van á présa en 2009, galardón que repetiu en 2010 pola súa interpretación en Retornos. Foi ademais nomeado nesa categoría en 2002, por Entre bateas, en 2003, por Blanca Madison, mentres que en 2011 foi nomeado por Doentes, na categoría de mellor interpretación masculina.

Tamén obtivo tres premios María Casares ao mellor actor protagonista nas producións teatrais Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000), Binomio de Newton (2003) e Kafka e a boneca viaxeira (2013). Foi o único actor galego que obtivo tres galardóns María Casares ao papel protagonista. Ademais, obtivo un María Casares ao mellor actor secundario polo seu papel no Calígula.

No verán do ano 2010 entregou o premio "o máis teatreiro" na honra do coñecidísimo mestre Xosé Agrelo Hermo, no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, o seu pobo natal.

No 2012 obtivo o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas e Audiovisuais.

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2002 Mellor actor secundario Entre bateas Nomeado
2003 Mellor actor secundario Blanca Madison Nomeado
2008 Mellor actor secundario Os mortos van á présa Gañador
2010 Mellor actor secundario Retornos Gañador
2011 Mellor actor Doentes Nomeado

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. «Non hai protagonistas sen secundarios» Arquivado 19/06/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 1/2/2009.
  2. "Traxectoria teatral seleccionada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar