Ernesto Chao

actor galego

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018,[1] foi un actor galego.

Ernesto Chao
Ernesto Chao na gala de entrega dos premios de teatro María Casares do 2014.
Nome completoErnesto Chao Pino
Nacemento12 de novembro de 1943
LugarRibadavia
Falecemento6 de agosto de 2018
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0152041 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969.

Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou a súa muller Balbina en Pratos combinados.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaborando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva. En 2018 participou na serie Fariña interpretando o papel de Xerardo Fernández Albor como Presidente da Xunta de Galicia.

Mantivo a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

Obra Editar

Longametraxes Editar

Curtametraxes Editar

Televisión Editar

Personaxes fixas Editar

Personaxes episódicos Editar

Teatro Editar

Desde 1970 participou en máis de 35 espectáculos teatrais con distintas compañías. Algúns títulos son Galileo Galilei, Fobias, Carambola (Cóncavo convexo) ou O país da comedia.

Galardóns e nomeamentos Editar

 
Estrela Cans, premio pedigree 2010.

Premios Mestre Mateo Editar

Ano Categoría Título Resultado
2005 Mellor actor Pratos combinados Nomeado
2007 Premio de Honra Fernando Rey Gañador
2008 Mellor actor Os mortos van á présa Nomeado

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar