Abrir o menú principal

María Bouzas

actriz galega

María Xosé Rodríguez Bouzas, nada en Piñeiro (Mugardos) en 1962, é unha actriz galega.

María Bouzas
María Bouzas.JPG
Nome completoMaría Xosé Rodríguez Bouzas
Nacemento24 de marzo de 1962
LugarPiñeiro
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formouse como intérprete na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987. conta cunha extensa traxectoria profesional, acadando gran popularidade a raíz das súas personaxes nas series da TVG Pratos combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.

Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes, ademais de montaxes teatrais, algunhas delas coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.

En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e Berta Ojea e o actor Sergio Pazos.

Foi a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios Mestre Mateo, desde outubro de 2006 até maio de 2009, momento na que a sucedeu no cargo o actor Xosé Manuel Olveira "Pico".

Actuou como xurado, xunto a Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Camilo Franco e Ana Romaní, na II edición do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.

FilmografíaEditar

TeatroEditar

TelevisiónEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Premios Mestre MateoEditar

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor actriz Terra de Miranda Gañadora
2003 Mellor actriz Terra de Miranda Gañadora
Mellor actriz secundaria O agasallo de Silvia e Blanca Madison Nomeada
2004 Mellor actriz secundaria Terra de Miranda Nomeada
2005 Mellor actriz secundaria Heroína Gañadora
2007 Mellor actriz Unha muller invisible Gañadora
2010 Mellor actriz secundaria Retornos Gañadora
2011 Mellor actriz As reliquias do Santo Nomeada
2017 Premio de Honra Gañadora

NotasEditar

Véxase taménEditar