9ª edición dos Premios Mestre Mateo

9ª edición dos Premios Mestre Mateo

A 9ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou ás producións audiovisuais de Galicia de 2010 e celebrouse o 17 de abril de 2011. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 29 categorías. A cerimonia celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense. Os presentadores foron Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán. Nesta edición de 2011, na que se entregan os premios aos mellores proxectos desenvolvidos durante o ano 2010, presentáronse 130 traballos, 330 profesionais e 103 produtoras.

Auditorio Municipal de Ourense, onde se celebrou a gala.

O martes 15 de marzo de 2011 déronse a coñecer os finalistas[1], destacando 18 comidas, dirixida polo lucense Jorge Coira, nomeada en 16 categorías. Con 14 candidaturas contou Retornos, de Luis Avilés Baquero, que ao igual que a película de Coira opta, entre elas, á de mellor longametraxe e mellor dirección. Crebinsky competiu en 12 categorías, Mar libre en 9, Matalobos en 7 e Padre Casares en 3.[2]

Xosé Manuel Olveira "Pico", presidente da Academia Galega do Audiovisual, deu a coñecer os gañadores do Premio Revelación Chano Piñeiro e do Premio de Honra Fernando Rey, concedidos respectivamente a Óliver Laxe e Luís Tosar, respectivamente[3].

Premios

editar

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[4]

 
Jorge Coira, mellor director
 
Miguel de Lira, mellor actor
 
María Vázquez, mellor actriz.
 
Xosé Manuel Olveira "Pico", mellor actor secundario
 
María Bouzas, mellor actriz secundaria
 
Roberto Vilar, mellor comunicador.
Mellor filme Mellor dirección
Mellor filme para televisión Mellor filme documental
Mellor actor protagonista Mellor actriz protagonista
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión Mellor realizador
Mellor obra experimental Mellor documental
  • Manuscritos Pompeianos – Marcos Nine Búa
    • Canto de permanencia – Píxel Films e ASPG
    • (Des)ahógate – Egaci Producciones
    • Rural pretérito – Sonia e Miriam Albert Sobrino
  • Radiografía dun autor de tebeos – Setemedia, Marcos Nine Búa e Alicia Veira
    • Koruño, legado de Hércules – Érica Esmorís, Mandeo Records e Socialcine
    • Lira, reserva de vida na costa da morte – Servizos Audiovisuais Galegos, Saga TV e TVG
    • El mono Paco – Falso Orgullo Producciones Audiovisuales
Mellor serie de televisión Mellor programa de televisión
Mellor dirección de produción Mellor dirección artística
Mellor comunicador de televisión Mellor montaxe
Mellor música orixinal Mellor son
  • 18 comidas – Carlos Mouriño, Diego S. Staub e Carlos García
    • Crebinsky – Diego S. Staub e Xavier Souto
    • Retornos – Branko Neskov, Rubén Piputto e Tiago Silva
    • Mar libre – Carlos García, David Machado e Diego S. Staub
Mellor fotografía Mellor maquillaxe e peiteado
Mellor obra interactiva Mellor produción de publicidade
  • Orgullosos do Galego. En galego proba e verás – Filmanova S.L.;
    • Cando un galego crece, toda Galicia crece – Congo Producciones
    • Spot Turgalicia – Lúa Filmes
    • Spot Xacobeo Lobelle – Píxel Films
Mellor curtametraxe de imaxe real Mellor curtametraxe de animación
  • Xoel y los X-Men – ZircoZine, e The Big Bean
    • El grifo – Continental Producciones
    • Leo y Mario (se dejan) – Sonia Méndez e Oroboro Films
    • A residencia – Álex Sampayo e Guillermo Carbajo
  • Gato encerrado – María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón
    • Checkout – Ficción Producciones e Audiovisual de Servicios Kairos
    • Cribba, o vampiro – Matriuska Producciones
Mellor deseño de vestiario
Predecesor:
8ª edición dos Premios Mestre Mateo
Premios Mestre Mateo
9ª edición dos Premios Mestre Mateo
Sucesor:
10ª edición dos Premios Mestre Mateo
  1. "'18 comidas', gran favorita para los Mestre Mateo con 16 nominaciones", artigo en El Progreso, 16 de marzo de 2011.
  2. "Lista completa de finalistas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  3. "A gala dos premios Mestre Mateo promete espectáculo e innovación", artigo no portal da Academia do Audiovisual Galego.
  4. "Lista de nomeados ós Mestre Mateo". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de abril de 2013.