Filmax
Filmax Entertainment é unha compaña produtora cinematográfica española dirixida e participada na maioría do seu capital por Julio Fernández Rodríguez.[1] Fundada na década de 1950, na actualidade desenvolve proxectos de produción, distribución nacional e internacional, e exhibición cinematográfica e audiovisual.[2] Está considerada como unha das principais organizacións industriais independentes do sector audiovisual español, entre as que destaca a creación da súa propia etiqueta cinematográfica de xénero fantástico, Fantastic Factory, dirixida por Brian Yuzna.[3]
Filmax Entertainment | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1951 |
Localización | l'Hospitalet de Llobregat, ![]() |
Fundador | Julio Fernández Rodríguez |
Industria | Cinematográfica |
Produtos | Películas |
Na rede | |
filmax.com ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarO empresario Alfredo Talarewitz, antigo director de vendas de Metro-Goldwyn-Mayer Ibérica nos anos anteriores á Guerra civil española, fundou Filmax nos anos 50 como distribuidor dos grandes éxitos do cine estadounidense. Posteriormente, en 1955, a familia Balcázar incorpórase á compañía, dando lugar ás primeiras producións propias xa que a normativa proteccionista vixente en materia cinematográfica obrigaba a que para obter permisos de distribución de películas estranxeiras debían realizar tamén as súas propias producións.[4]
Entre 1963 e 1968, a compañía asinou un acordo de distribución en España con Paramount Pictures para distribuír as películas do seu catálogo. Desde a afastada estrea de Moulin Rouge, o clásico de John Huston, a compañía distribuíu máis de 800 longametraxes en España.
En 1987, Julio Fernández adquiriu a marca Filmax, que utilizou comercialmente nos entón novos mercados de vídeo e televisión. Rehabilitada como marca de distribución de éxitos internacionais, comeza a súa evolución como industria audiovisual integral.
De 1987 a 1999, os títulos de Filmax foron distribuídos por PolyGram Video. Cando Universal adquiriu o catálogo de PolyGram en 1999, Universal comezou a lanzar títulos de Filmax en vídeo doméstico.
En 1999, Filmax entrou de cheo na produción de contidos audiovisuais desde a súa sede de Barcelona. A creación de Fantastic Factory tivo unha boa acollida nos mercados internacionais, ao igual que as producións de Filmax Animation e Filmax Television.
No ano 2001, Filmax inaugurou o cinema multiplex Filmax Granvia con 15 salas no Centro Comercial Gran Vía de Hospitalet de Llobregat (Barcelona). Dous anos despois, institucións como ICF (Xeneralidade de Cataluña), SOGEDASA, XES Galicia (Xunta de Galicia), Sepides (Goberno de España), Abanca (antiga Caixa Galicia), os fondos de investimento Spinnaker e Tirarant (ambos administrados polo Grupo Financeiro Riva e García) conforman a actual participación accionarial ao manter a Julio Fernández a maioría do capital.
En 2010, cando Paramount Pictures adquiriu o catálogo Universal, Filmax Vídeo foi adquirida por Warner Home Video, polo que axudou a lanzar títulos en Blu-ray Disc (o que fixo dende 2006) ata xuño de 2016 cando 20th Century adquiriu Warner Home Video Española. 20th Century Fox Home Entertainment e Filmax chegaron a un acordo con Divisa Home Vídeo para lanzar o seu catálogo e os seus próximos títulos en DVD, Blu-ray, VOD, etc.
En 2020, creouse a canle de YouTube Kids Pekefriends xunto con Loweb e Fenix-Bamf.
Actualmente Carlos Fernández Rodríguez (irmán de Julio Fernández Rodríguez) é o presidente de Filmax.
Distribución
editar- O pico das viúvas (1994) - (baixo "Sociedad General de Derechos Audiovisuales, S.A. (SOGEDASA)")
- A noiva de Chucky (1998)
- Goomer (1999)
- Sei quen es (2000)
- Presunto homicida (2000)
- O pudin máxico (2000)
- Arachnid (2001)
- Dagon, a seita do mar (2001)
- O Cid, a lenda (2003)
- Pinocho 3000 (2004)
- Os Dalton contra Lucky Luke (2004)
- Gisaku (2006)
- Pérez, o ratiño dos teus soños (2006)
- Nocturna (2007)
- Donkey Xote (2007)
- Pérez, o ratiño dos teus sonos 2 (2008)
Véxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ Riambau, Esteve; Torreiro, Casimiro (2008). Productores en el cine español: estado, dependencias y mercado (en castelán). Cátedra.
- ↑ "Filmax - Quienes somos". Consultado o 24 de xaneiro de 2025.
- ↑ Marí, Jorge (2017). Tracing the Borders of Spanish Horror Cinema and Television (en castelán). Routledge. ISBN 978-1-351-85850-2.
- ↑ España, Rafael de; Babot, Salvador Juan i (2005). Balcázar Producciones Cinematográficas: más allá de Esplugas City (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. ISBN 978-84-475-2948-3.