Piti Sanz
Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966,[1] é un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.
Piti Sanz | |
---|---|
Nacemento | 1966 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | músico e compositor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Posúe tres premios María Casares á mellor música polas súas contribución musicais para teatro, por Finis Mundi Circus en 1999, por Ñiki Ñaque en 2001 e mais por Policía en 2002, e un cuarto por "Se o vello simbad volvese as illas" aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial, así como varios premios Mestre Mateo do audiovisual, concretamente 4: as películas Entre bateas , A noite que deixou de chover e 18 comidas' e a serie O Nordés
É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou teleseries como Terra de Miranda. Traballou con, entre outros directores, con Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi o cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos, e tocou para discos das bandas Siniestro Total e Los Enemigos.
En 2007 foi candidato ós premios Goya da Academia do cine española, na categoría de "Mejor Canción Original" polo tema "Esa luz" composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen por outra banda mantén o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.[2][3]
No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.[4]
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor banda sonora | Entre bateas | Gañador |
Mellor banda sonora | Terra de Miranda | Nomeado | |
2008 | Mellor música orixinal | A noite que deixou de chover | Gañador |
2009 | Mellor música orixinal | O Nordés | Gañador |
2012 | Mellor música orixinal | Era visto! | Nomeado |
2013 | Mellor videoclip | "Canto de Sirena" | Gañador |
Mello música orixinal | Era visto! | Nomeado | |
2014 | Mellor música orixinal | Os fenómenos | Nomeado |
NotasEditar
- ↑ "Ficha an Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018.
- ↑ Luis Tosar, Piti Sanz e García de Leániz, 'desnominados' dos Goya Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine., nova en Galiciaé o 19 de decembro de 2007.
- ↑ Non tiñamos as enerxías para denunciar á Academia dos Goya, nova en La Opinión . (en castelán)
- ↑ "El músico lucense Piti Sanz ficha como guitarrista de Os Resentidos". El Progreso (en castelán). 5 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2016.