Os fenómenos

filme galego de 2013 dirixido por Alfonso Zarauza

Os fenómenos é un filme galego dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no 2014. Está protagonizada por Lola Dueñas que interpreta a Neneta, Luís Tosar como Lobo, e Juan Carlos Vellido como Furón.

Os fenómenos
Ficha técnica
Título orixinalOs fenómenos
DirectorAlfonso Zarauza
ProdutorFaruco Castromán
Rubén Zarauza
GuiónAlfonso Zarauza
Jaione Camborda
IntérpretesLola Dueñas
Luís Tosar
Juan Carlos Vellido
MúsicaPiti Sanz
FotografíaAlberto Díaz
MontaxeJosé M. G. Moyano
EstudioMaruxiña Film Company
ZircoZine
EstreaFestival de Málaga: 23 de marzo de 2014
Canadá: 22 de agosto de 2014
España: 12 de decembro de 2014
Duración109 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt3589172 Filmaffinity: 832125 Allmovie: v617464
Facebook: osfenomenosfilm Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Unha muller que vive dende hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece xusto o día en que ía comezar a traballar. Por este motivo, regresa co seu bebé na súa vila natal, Ferrol. Ó principio ten moitas dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, o seu equipo de traballo empeza a destacar entre os demais pola súa capacidade de traballo.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
13ª edición Mellor filme Alfonso Zarauza Gañador
Mellor director Alfonso Zarauza Gañador
Mellor actor secundario Xosé Antonio Touriñán Nomeado
Mellor actriz secundaria Ledicia Sola Gañadora
Mellor guión Alfonso Zarauza e Jaione Camborda Gañadores
Mellor dirección artística Curru Garabal Nomeado
Mellor montaxe Juan Carlos Arroyo Nomeado
Mellor música orixinal Piti Sanz e Anxo Graña Nomeados
Mellor fotografía Alberte Branco Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Fany Bello e Raquel Fidalgo Nomeadas
Mellor deseño de vestiario Alicia e Lola Dapena Nomeadas

Festival de Málaga de Cine Español editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2014 Sección oficial longametraxes a concurso Alfonso Zarauza Nomeado

Festival Internacional de Cine Mediterráneo de Tetuán editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2015 Mellor interpretación feminina Lola Dueñas Gañadora

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar