Federico Pérez
Federico Pérez Rey, nado en Alemaña o 11 de setembro de 1976, é un filólogo, humorista, guionista e actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1976 (48 anos) Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Traxectoria
editarNaceu en Alemaña de pais galegos e criouse en Mazaricos, de onde é orixinaria a súa familia.[1] Comezou a facer teatro na súa xuventude e estudou Filoloxía galega en Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira traballou como asesor lingüístico na serie Mareas vivas, na que tamén apareceu como actor nalgún capítulo.[2] Pasou logo a traballar en Terra de Miranda como asesor lingüístico e tamén como guionista, tarefa esta última que tamén realizou en Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima Audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos.[3] A súa faceta como actor cobrou máis importancia a partir de 2003 aparecendo como secundario en series de televisión e filmes como Un paso adelante, Pepe Carvalho, Libro de familia, As leis de Celavella, O show dos Tonechos, Los hombres de Paco, Pepe o inglés ou a gañadora do Óscar Mar adentro, da que foi tamén asesor lingüístico.[4][5]
Entre 2007 e 2009 foi un dos actores do programa de sketchs Air Galicia, polo que foi nomeado por primeira vez aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor actor protagonista, e desde 2008 e ata 2014 interpretou a Josito Raña na serie de éxito Padre Casares. Durante ese tempo tivo tamén outros papeis en numerosas series e filmes, en Galicia e fóra dela, como 18 comidas (traballo polo que foi nomeado ao Mestre Mateo a mellor actor secundario), Retornos, Piratas, Matalobos, Outro máis, Encallados ou Os fenómenos. Fóra da pantalla representou a obra de teatro O florido pénsil, de Andrés Sopeña Monsalve, xunto aos actores Alfonso Agra, Josito Porto, Morris e Pico,[6] e percorreu Galicia co seu monólogo titulado Ración de Breogán.[7]. Dende 2011 a 2019 deu vida a Moncho en Era visto!, papel polo que foi nomeado seis anos consecutivos ao Mestre Mateo ao Mellor actor protagonista.
En 2015 iniciou un novo traballo teatral, representando a obra Presidente, de José Luis Prieto, xunto a César Goldi e Iolanda Muíños entre outros.[8] En 2016 actuou por toda Galicia co cómico Xosé Antonio Touriñán, nun espectáculo no que interpretaban aos detectives Curtis e Teixeiro.[9][10] Tamén ese ano apareceu de xeito episódico nas series Cuéntame cómo pasó e La que se avecina. En 2017 interpretou o tenente Guillermo Sanesteban durante os trece episodios da serie de Antena 3 Tiempos de guerra.[11] En 2018 participou no filme Trote, de Xacio Baño, traballo polo que foi galardoado como mellor actor secundario na 17ª edición dos Premios Mestre Mateo.[12][13] Ademais tivo un pequeno papel no filme A sombra da lei e comezou unha xira co tamén humorista Pepo Suevos representando o espectáculo A culpa é do sistema.[14] Ao ano seguinte apareceu como secundario en Eroski Paraíso e no derradeiro episodio da terceira tempada da serie La casa de papel. En 2020 traballou na serie de TVE Néboa.
Vida persoal
editarÉ irmán da historiadora Nancy Pérez, que foi parella sentimental do mito da Nova Trova Cubana Pablo Milanés durante os últimos anos da vida deste.[15]
Filmografía
editarComo actor
editarTelevisión
editar- Mareas vivas (2000).
- Un paso adelante (2003). Como Serafín.
- Pepe Carvalho (2004).
- Libro de familia (2005).
- O show dos Tonechos (2005).
- Los hombres de Paco (2005).
- Pepe o inglés (2006).
- Air Galicia (2007-2009).
- Padre Casares (2008-2014). Como Josito Raña.
- U.C.O. (Unidad Central Operativa) (2007-2009). Como avogado.
- Piratas (2011).
- Matalobos (2011).
- Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011). Como Ramón.
- Era visto! (2011-2015). Como Moncho.
- Hospital Real (2015).
- Cuéntame cómo pasó (2016).
- La que se avecina (2016).
- Tiempos de guerra (2017). Como Guillermo.
- La casa de papel (2019).
- Néboa (2020). Como Moncho.
- A lei de Santos (2020-).
- A desorde que deixas (2020). Como Demetrio.
- Caronte (2020). Como Dante.
- Vis a vis: El Oasis (2021). Como doutor.
- HIT (2021). Como Fernando.
- Apagón (2021). Como César.
Cine
editar- Mar adentro (2004). Como condutor.
- 18 comidas (2010). Como Tuto.
- Retornos (2010). Como Miguel
- Outro máis (2011). Como Beni.
- Os fenómenos (2014). Como Canicova.
- Los Amigos - La Pinícula (2018). Como Domingo.
- A sombra da lei (2018). Como comerciante
- Trote (2018). Como Fran.
- Eroski Paraíso (2019). Como tío de Mazaricos.
- El verano que vivimos (2020). Como axente inmobiliario.
- Cuñados (2021). Como Modesto.
- As bestas (2022). Como garda civil Mariano.[16]
- O corpo aberto (2022). Como Turelo.
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Como guionista
editar- Terra de Miranda (2001).
- Pequeno Hotel (2001).
- O rei da comedia (2002).
- As leis de Celavella (2004-2006).
- Máxima Audiencia (2004).
- O show dos Tonechos (2005).
- Zapping Comando (2006).
- Padre Casares (2011).
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor actor protagonista | Air Galicia | Nomeado |
2010 | Mellor actor secundario | 18 comidas | Nomeado |
2011 | Mellor actor protagonista | Era visto! | Nomeado |
2012 | Nomeado | ||
2013 | Nomeado | ||
2015 | Nomeado | ||
2016 | Nomeado | ||
2017 | Nomeado | ||
2018 | Mellor actor secundario | Trote | Gañador |
Notas
editar- ↑ "Federico Pérez, actor con un algo de Lemmon y dos algos de ‘Era visto’". El Correo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»". 24 de novembro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Currículo de Federico Pérez" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ Ficha do autor na Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- ↑ "Ficha de Federico Pérez". IMDb (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "O ton cómico de 'O Florido Pénsil' axuda a contar o que pasou na posguerra". El Correo Gallego. 30 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ Graña, Ángel (7 de xuño de 2013). ""Los gallegos damos siete vueltas antes de ir a un sitio"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "'Presidente', de José L. Prieto, o novo proxecto teatral co que Federico Pérez xira por Galicia". 12 de outubro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez y Xosé Antonio Touriñán: "A nosotros nos da estabilidad la desestabilidad del país en el que vivimos"". Faro de Vigo (en castelán). 24 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez e Xosé A. Touriñán convértense de novo nos detectives Curtis e Teixeiro". 15 de outubro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Entrevistamos a Federico Pérez, el teniente médico Guillermo Sanesteban en 'Tiempos de guerra'" (en castelán). 25 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Mellor interpretación masculina de reparto: FEDERICO PÉREZ". CRTVG. 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "“La sombra de la ley” triunfa en los Mestre Mateo al acaparar diez galardones". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez e Pepo Suevos, de xira con 'A culpa é do sistema'". 3 de abril de 2018. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Alvite, Xosé Ramón (23 de novembro de 2022). "«Aquí Pablo Milanés era máis coñecido como o xenro de Federico que por ser una lenda da música»" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "As bestas (2022)" (en castelán). Consultado o 2022-11-25.