Libro de familia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego.
Libro de familia | |
---|---|
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | drama televisivo, ficción romántica e telecomedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Director/a | Mariana Carballal ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Emisora orixinal | Televisión de Galicia ![]() |
Datas | |
Comezo | 13 de febreiro de 2005 ![]() |
Remate | 12 de maio de 2013 ![]() |
Cronoloxía | |
Dimensións | |
Episodios | 319 ![]() |
Tempadas | 9 ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social.
Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterano Luar. Na tempada 2007-08 repetiu este honor a pesar dunha leve perda de audiencia, pero quedando por enriba da revelación da tempada: Padre Casares, que promediou un 22,6% de share e 246.000 espectadores. Foi na tempada tempada 2008-09, despois de 3 anos á fronte, cando perdeu o liderado en favor da mencionada Padre Casares.
Sinopse
editarA serie retrata tres familias galegas que pertencen a distintos estratos sociais e residen en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que ten contas pendentes cos Freire, indianos que regresan da emigración logo de facérense ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central da serie e todo xira arredor do que lle sucede, directa ou indirectamente, a cada membro.
Libro de familia retrata a Galicia dos anos 60, cando empezan a emerxer as cooperativas e a industria e comeza a chegar o diñeiro da emigración. O argumento mestura tramas de poder, amor e humor. Uns trinta veciños de Melide participaron como figurantes nesta serie galega, a primeira que dirixe unha muller.
Intérpretes
editar- Manuel San Martín - Manuel Cabanas
- Mayka Braña - Sara Cebrián
- Lucía Regueiro - María Cabanas Cebrián
- Alejandro Neira - Pabliño Cabanas Cebrián
- Gonzalo Uriarte - Cosme Cabanas
- Iolanda Muíños - María Luisa "Marisiña" Couto Espósito
- Diana Nogueira - Deli Cebrián
- Paula Carballeira - Carmiña
- Abelardo Gabriel - Don Román Lamela Parga
- Mara Sánchez - Dona Laura Saavedra
- Rubén Riós - Marcos Lamela
- Celso Parada - Armando Freire
- Julio Pereira - Tomás Ribera
- Anxo Carbajal - Senén Rego
- Casilda Alfaro - Dona Elvira
- Miro Magariños - Elías
- Monti Castiñeiras - Telmo Seoane
- Manolo Romón - Padre Don Venancio
- Suso Cortegoso - Álvaro García
- Manu Fernández - Milucho
- Lis Teutor - Iris
- Luís Iglesia - Sotomayor
- Luisa Martínez - Gloria
- Uxía Blanco - Lupe Ramos
- Rosa Álvarez -
- Graciela Zavatti - Adela Freire
- Manuel Botana
- Sonia Castiñeiras - Maribel
- Manuel Cortés - Don Pedro González
- Vicente de Souza - Portas
- Chisco Amado - Eladio Varela
- Alfonso Agra - (varios)
- Fidel Fernán
- Suso Lista
- Paco Lodeiro - Ramiro
- Miguel Pernas - Don Ricardo
- Antonio Rey
- Gaspar Somoza - Tenente da Garda Civil (Cap. 44)
- "Tanas"
- Miguel Varela - Don Sabino
- Adrián Viador
- Mariana Expósito Castaño - Celia
- Antonio Mourelos - Ramón Balseiro
- Fernando Tato - Óscar Balseiro
- Santi Prego - Pepe
- Marcos Viéitez - Daniel Souto
Audiencias
editar- 1ª temporada (2004-2005): 296.000 espectadores (29,40%)
- 2ª temporada (2005-2006): 302.000 espectadores (29,90%)
- 3ª temporada (2006-2007): 279.000 espectadores (28,21%)
- 4ª temporada (2007-2008): 271.000 espectadores (26,29%)
- 5ª temporada (2008-2009): 226.000 espectadores (23,78%)
- 6ª temporada (2009-2010): 204.000 espectadores (20,08%)
- 7ª temporada (2010-2011): 183.000 espectadores (17,65%)
- 8ª temporada (2011-2012): 185.000 espectadores (16,94%)
- 9ª temporada (2012-2013): 170.218 espectadores (15,35%)
Evolución da audiencia por tempadas:

Guía de episodios
editarTempada | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | |||||
1 | 13 | 13 de febreiro de 2005 | 8 de maio de 2005 | 296.000 | ||
2 | 13 | 14 de maio de 2005 | 4 de setembro de 2005 | 302.000 | ||
3 | 13 | 11 de setembro de 2005 | 4 de decembro de 2005 | 279.000 | ||
4 | 14 | 11 de decembro de 2005 | 12 de marzo de 2006 | 271.000 | ||
5 | 14 | 19 de marzo de 2006 | 18 de xuño de 2006 | 226.000 | ||
6 | 13 | 17 de setembro de 2006 | 10 de decembro de 2006 | 204.000 | ||
7 | 13 | 17 de decembro de 2006 | 25 de marzo de 2007 | 183.000 | ||
8 | 13 | 1 de abril de 2007 | 8 de xullo de 2007 | 185.000 | ||
9 | 13 | 30 de setembro de 2007 | 23 de decembro de 2007 | 170.218 | ||
10 | 13 | 30 de decembro de 2007 | 30 de marzo de 2008 | |||
11 | 13 | 6 de abril de 2008 | 29 de xuño de 2008 | |||
12 | 15 | 14 de setembro de 2008 | 21 de decembro de 2008 | |||
13 | 13 | 4 de xaneiro de 2009 | 29 de marzo de 2009 | |||
14 | 13 | 5 de abril de 2009 | 28 de xuño de 2009 | |||
15 | 15 | 20 de setembro de 2009 | 27 de decembro de 2009 | |||
16 | 13 | 3 de xaneiro de 2010 | 28 de marzo de 2010 | |||
17 | 13 | 4 de abril de 2010 | 27 de xuño de 2010 | |||
18 | 13 | 26 de setembro de 2010 | 19 de decembro de 2010 | |||
19 | 13 | 2 de xaneiro de 2011 | 27 de marzo de 2011 | |||
20 | 19 | 3 de abril de 2011 | 8 de xaneiro de 2012 | |||
21 | 18 | 15 de xaneiro de 2012 | 13 de maio de 2012 | |||
22 | 29 | 28 de outubro de 2012 | 12 de maio de 2013 |
3ª tempada: Episodios 27–39
editar- Semente nova (11-09-2005)
- A monta (18-09-2005)
- A matanza (25-09-2005)
- A letra con sangue entra (02-10-2005)
- Mulleres en pantalóns (09-10-2005)
- América, América (16-10-2005)
- Loor de santidade (23-10-2005)
- O Lute en Santalla (30-10-2005)
- As regras do xogo (06-11-2005)
- Palabra de casamento (13-11-2005)
- A confirmación (19-11-2005)
- O parente americano (27-11-2005)
- Delirios de grandeza (04-12-2005)
4ª tempada
editar- O caso do viño de mesa (30-09-07)
- Partos e parteiras (07-10-07)
- Cantigas de berce (14-10-07)
- A celestina (21-10-07)
- Leña verde (28-10-07)
- O circo (04-11-07)
- x (11-11-07)
- Diario íntimo (18-11-07)
- A alegría da casa (25-11-07)
- Pobres de pedir (02-12-07)
- A máquina de pedal (09-12-07)
- Obsesión (16-12-07)
- Nin para ti nin para min (23-12-07)
- Volver a casa (30-12-07)
- Castelos no aire (06-01-08)
- A oia express (13-01-08)
- Un anaco de esperanza (20-01-08)
- Auga pasada non move muíños (27-01-08)
- Carreira de sacos (03-02-08)
- A homenaxe (10-02-08)
- Mal remedio (17-02-08)
- A goma de saltar (24-02-08)
- Doce agasallo (02-03-08)
- Cortiña de fume (16-03-08)
- A hora da verdade (23-03-08)
- Papel pintado (30-03-08)
- Mal negocio (06-04-08)
- Encontros e desencontros (13-04-08)
- Maña e forza (20-04-08)
- Falso culpable (27-04-08)
- Volver a empezar (04-05-08)
- Xuntos e revoltos (11-05-08)
- Árbore caída (18-05-08)
- Trampas (25-05-08)
- O Santo (01-06-08)
- Os mala sombra (08-06-08)
- Ex voto (15-06-08)
- Cambio de tornas (22-06-08)
- Santiños malfeitores (29-06-08)
5ª tempada
editar- O muíño de café (14-09-08) - 187.000 (21,0%)
- A voz da experiencia (21-09-08) - 217.000 (22,6%)
- Familia unida (28-09-08) - 217.000 (23,5%)
- Planeta azul (05-10-08) - 240.000 (26,1%)
- Simplemente Carmiña (12-10-08) - 182.000 (20,4%)
- Santos e mártires (19-10-08) - 252.000 (25,1%)
- Demostración a domicilio (26-10-08) - 265.000 (27,1%)
- O dente do xuízo (02-11-08) - 279.000 (27,2%)
- Escándalo na horta (09-11-08) - 249.000 (23,3%)
- Formica (16-11-08) - 252.000 (25,7%)
- Mens sana in corpore sana (23-11-08) - 234.000 (25,4%)
- Dó de peito (30-11-08) - 242.000 (22,5%)
- Faltas contra o sexto (07-12-08) - 244.000 (25,4%)
- Camisas de once varas (14-12-08) - 237.000 (22,1%)
- Historia dun bidé (21-12-08) - 283.000 (26,8%)
- Fumando espero (04-01-09) - 259.000 (24,7%)
- Sor Catro Latas (11-01-09) - 238.000 (25,9%)
- As casas baratas (18-01-09) - 231.000 (25,5%)
- O ermitán (25-01-09) - 226.000 (24,8%)
- Bandoleiros (01-02-09) - 213.000 (22,8%)
- A vida é unha tómbola (08-02-09) - 240.000 (25,0%)
- Ovella negra (15-02-09) - 200.000 (22,1%)
- O país da fantasía (22-02-09) - 199.000 (22,6%)
- O tour de Santalla (01-03-09) - 259.000 (28,2%)
- Burócratas (08-03-09) - 220.000 (26,0%)
- Extraña visita (15-03-09) - 203.000 (22,9%)
- Cheques ó portador (22-03-09) - 177.000 (20,0%)
- O tren (29-03-09) - 262.000 (26,8%)
- Baixo palio (05-04-09) - 227.000 (23,2%)
- O home do tempo (12-04-09) - 234.000 (23,9%)
- Tres veces neno (19-04-09) - 249.000 (28,8%)
- Sospeitas fundadas (26-04-09) - 208.000 (21,9%)
- Paparotas (03-05-09) - 196.000 (21,2%)
- Pequeno saltamontes (10-05-09) - 220.000 (22,7%)
- A primeira vez (17-05-09) - 236.000 (23,6%)
- Lúa chea (24-05-09) - 228.000 (23,1%)
- Trato feito (31-05-09) - 179.000 (19,8%)
- Santa Rita, Rita (07-06-09) - 187.000 (20,7%)
- A arca da perdición (14-06-09) - 218.000 (21,7%)
- Os prismáticos (21-06-09) - 199.000 (22,4%)
- Lá de ovella (28-06-09) - 191.000 (20,4%)
Galardóns e nomeamentos
editarRecibiu 13 candidaturas aos Premios Mestre Mateo en 2005, 3 en 2006 e 7 en 2008. Nas edicións de 2007, 2009 e 2010 a serie non foi presentada polos seus responsables, polo que non puido competir en ningunha categoría.
Tamén recibiu un Premio Galicia Comunicación e un Premio ATV da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España en 2006.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor director | Marta Piñeiro | Nomeada |
Mellor realizador | Giselle Llanio | Nomeada | |
Mellor dirección artística | Inés Rodríguez | Nomeada | |
Mellor son | Son do Tagalem | Nomeado | |
Mellor fotografía | Sergio Franco | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Ana Muíño e Fani Mosquera | Nomeadas | |
Mellor deseño de vestiario | María Fandiño | Nomeada | |
2012 | Mellor actriz secundaria | Mara Sánchez | Nomeado |