Manuel Cortés
escritor e actor galego
Manuel Cortés Tallón, nado en Vilardevós en 1966, é un actor, escritor e guionista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Vilardevós, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, guionista de cinema, actor de televisión, escritor, guionista de televisión |
Traxectoria
editarAdemais de actor, é escritor, poeta, guionista e letrista musical. Foi membro do grupo poético Ronseltz. Incorporouse ao grupo de teatro Chévere a principio dos anos noventa, e vencellouse á Sala Nasa. Participou en teleseries e en pequenas producións cinematográficas galegas, tanto de protagonista como de personaxe secundario.
Obra literaria
editarPoesía
editarTraducións
editar- A magnitude da traxedia de Quim Monzó, 1991.
- Martes de Carnaval de Ramón María del Valle-Inclán [As galas do defunto e A filla do capitán], 2017.
Obras colectivas
editar- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
Filmografía
editar- Mareas vivas (2000). Como Alfredo. TVG.
- Os Crebinsky (2000). Curtametraxe.
- As leis de Celavella (2003-2006). Como Paulo Veiga. TVG.
- Galatasaray-Dépor (2005).
- Coco e Bobo de paso pola realidade (2005). Como policía. Curtametraxe.
- Hai que botalos (2005). Segmento "En plan Galicia".
- Pepe o inglés (2005). Como Telmo Negreira. TVG.
- Terra de Miranda (2007). TVG.
- Pradolongo (2007).
- A vida por diante (2007). TVG.
- Rafael (2008).
- Un conto para Olivia (2008).
- Libro de familia (2008-2011). Como Pedro González. TVG.
- Air Galicia, (2009). TVG.
- O Nordés (2009).
- Crebinsky (2011).
- Sinbad (2011). Como Mansur.
- Matalobos (2012-2013). Como Capitán Ernesto Ferreiro. TVG.
- Vilamor (2012). Como Amador.
- Invasor (2012). Como enfermeiro.
- Escoba! (2013). TVG.
- Gran Hotel (2013). Como gobernador. Antena 3.
- O ouro do tempo (2013).
- Todos os santos (2013).
- Códice (2014). Como Mujico. TVG.
- El ministerio del tiempo (2015). TVE.
- Carlos, rey emperador (2015). Como cardeal Campeggio.
- Os fillos do sol (2017). Como Degó Varela.
- O sabor das margaridas (2018). Como Xavier. TVG
- Auga seca (2020). Como Nicasio. TVG - RTP.
- Artemisa (2023). TVG
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Cortés |