Abrir o menú principal

O show dos Tonechos foi un programa da Televisión de Galicia protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.

FormatoComedia
IntérpretesRoberto Vilar
Víctor Fábregas
Dorotea Bárcena
Mariana Carballal
País de orixeGalicia Galicia
Lingua(s)Galego
Duración70 minutos
Canle de orixeTVG
Primeira emisión18 de abril de 2005
Derradeira emisión3 de xullo de 2008
Páxina web
Ficha na IMDb

HistoriaEditar

Logo de actuacións en programas como Con perdón e Luar, o 18 de abril de 2005 emitiuse o programa piloto do seu propio espazo, cunha cota de pantalla do 25.8%. A partir de maio emitiuse con regularidade semanal en horario de máxima audiencia.

O programa deixou de emitirse en 2008, e en xaneiro de 2009 os dous actores anunciaron a disolución do grupo[1].

CaracterísticasEditar

Cada episodio tiña unha duración de 70 minutos, que se emitía en directo agás durante a segunda tempada. O día de emisión era o xoves.

TempadasEditar

A primeira tempada está considerada aínda como a sección que tiña o grupo dentro do programa Luar.

A segunda tempada comezou no ano 2005, pregravada e con novas seccións. Despois da segunda aínda viñeron tres máis, facendo un total de cinco.

PersonaxesEditar

Personaxes principaisEditar

Os catro personaxes máis importantes, e que participaron durante toda a serie, son:

Personaxes secundariosEditar

Personaxes convidadosEditar

Locutores/narradoresEditar

Lista de especiais dos TonechosEditar

  • "Os Tonechos van á obra"
  • "Os Tonechos e o camiño de Santiago"
  • "Os Tonechos van á praia"
  • "Os Tonechos en América"
  • "Os Tonechos van ó mar"
  • "Os Tonechos e a lotería de Nadal"
  • "Os Tonechos nunha de medo"
  • "Os Tonechos no gran hotel"
  • "Os Tonechos e o atraco ó banco"
  • "Os Tonechos: O padriño de Amadora"
  • "Os Tonechos no hospital"
  • "Nadal cos Tonechos"
  • "Os Tonechos no hospital"
  • "Os Tonechos nunha de amor"
  • "Os Tonechos: Nunha de cine"
  • "Os Tonechos van presos"
  • "Os Tonechos: O debate"
  • "Os Tonechos de película"
  • "Os Tonechos van á escola"
  • "Os Tonechos na despedida de solteiro"
  • "Os Tonechos volta e volta"

AudienciaEditar

O show dos Tonechos foi o cuarto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 193.000 espectadores de media e unha cota de pantalla do 19,8%

NotasEditar

  1. Promocións Culturais Galegas S.A. (8 de xaneiro de 2009). ANOSATERRA DIARIO, ed. "Os Tonechos sepáranse" (en galega). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.