Manolo Romón
Manuel María Romón Alonso, coñecido como Manolo Romón, nado en Vigo en 1956, é un actor, presentador e escritor galego.
Manolo Romón | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1956 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e actor |
Xéneros | Poesía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Na actualidade conduce o espazo literario Libro aberto na TVG e participa como actor, desde 2005, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpreta o papel de Don Venancio.
Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no espazo infantil Xabarín Club ou o programa concurso Todos a bordo, do que foi presentador a finais dos 90 entre outros proxectos. Como actor participou en 2001 na serie Fíos.
En canto á súa faceta literaria, foi membro do Grupo Rompente (no que coincidiu con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).
É un bo amigo do grupo musical vigués Siniestro Total, co que ten colaborado en varias ocasións. Con algúns dos seus compoñentes coincidiu na banda predecesora do conxunto liderado por Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano.
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Galletas kokoschka non, 1979, Rompente.
- Anaí, 1983, Correo Bereber, Vigo.
- Miniaturas, 1987, Correo Bereber, Vigo.
- Nadir, 1996, Litonor, A Coruña.
- Et finira le jour de son commentement, 2000, Deputación de Pontevedra.
- Poesía barata, 2006, Deputación de Pontevedra.
Obras colectivasEditar
- Silabario da turbina, 1978, Rompente.
- A dama que fala, 1983, Xerais.[1]
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Upalás, 1998, Xerais.
NotasEditar
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Manolo Romón na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.