Abrir o menú principal

TraxectoriaEditar

Rompente comezou en 1975 cando no verán deste ano Pexegueiro coñece a Antón Reixa e fálalle de crear un Grupo de Poesía en Galicia. O primeiro recital dérono Pexegueiro e Reixa en outubro de 1975 no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Este primeiro núcleo formado xa por Pexegueiro, Reixa, Romón e Avendaño, preparou manifestos, recitais e interviña poeticamente en festas e manifestacións. Dese momento son as Follas de resistencia poética (1976-77).

En 1977 vertébrase como grupo cohesionado esteticamente que quere controlar a comunicación literaria dunha maneira total, polo que se constituíron como editores alternativos publicando Seraogna de Pexegueiro e Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Pasan a chamarse Colectivo de Comunicación Poética Rompente comportándose como unha factoría poética e asumindo como propia a vangarda como actitude. O seu concepto integral da creación lévaos a montar diversos espectáculos poéticos que se presentan en institutos e festivais de música: Moisés e a Mona, A tristeza de Ezza e A Dama que fala. Desta época data a publicación de varios libros de poesía asinados polo colectivo e outros por cada un dos poetas.

Cultivaron moitas das modalidades da poesía experimental, especialmente as empregadas polo dadaísmo: poesía fonética, disolución dos xéneros literarios, espontaneidade...

O grupo desfaise en 1983.

PublicaciónsEditar

Libros colectivosEditar

Libros individuaisEditar

  • Alberto Avendaño, Facer pulgarcitos tres (1979).
  • Antón Reixa, As ladillas do travestí (1979).
  • Manuel M. Romón, galletas kokoschka non (1979).

AntoloxíasEditar

En 1998 Xerais publicou Upalás, unha antoloxía do Grupo poético, realizada por Iris Cochón e Helena González.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Diccionario da literatura galega. IV Termos e institucións literarias. Vigo: Galaxia, 2003.

Ligazóns externasEditar