Menchu Lamas
Carmen Lamas Pérez, coñecida como Menchu Lamas, nada en Vigo o 7 de xullo de 1954, é unha pintora galega.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1954 (70 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | pintora |
Membro de | |
Movemento | Mail Art |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Antón Patiño Pérez |
Fillos | Lois Patiño |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Deseño Gráfico na Institución Artística de Ensinanza de Madrid. Iniciou a súa traxectoria co Colectivo da Imaxe, con Carlos Berride, Antón Patiño e Jorge Agra. Estreou exposición nas colectivas da praza da Princesa de Vigo en 1974 e entrou en contacto co Grupo Rompente, co que colaborou na maqueta dos poemarios. Foi cofundadora do Grupo Atlántica en 1980, con Antón Patiño, Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Román Pereiro. En 1982 fixo a súa primeira mostra individual na galería Buades de Madrid.
A súa obra evolucionou dende a primixenia iconografía de raíz autóctona e cromatismo forte cara a unha sintetización que dota a superficie pictórica dunha orde construtiva na que se axustan formas e/ou siluetas a xeito de signos, emparentadas coas culturas exóticas e primitivas. Tecnicamente usa os grandes formatos e a brochada. Os seus cadros están presentes no Museo de Arte Contemporánea de Madrid e nos museos galegos.
No ano 2018[1] é nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de pintura e gravado.
Premios
editar- Foi Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2010.
- En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Rosario Álvarez Blanco.[2]
Vida persoal
editarCasou co pintor Antón Patiño Pérez. O seu fillo é o cineasta Lois Patiño.
Notas
editar- ↑ De Santos, Ágatha (26 de maio de 2018). "Menchu Lamas y Soledad Peralta, nuevas académicas de la Gallega de Bellas Artes". Faro de Vigo. Consultado o 27 de maio de 2018.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menchu Lamas |
Bibliografía
editar- Artigo LAMAS, Menchu en GEG.