Antón Patiño Pérez
pintor e escritor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antón Patiño.
Antón Patiño Pérez, nado en Monforte de Lemos o 1 de xaneiro de 1957[1], é un pintor e escritor galego.
Antón Patiño Pérez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1957 |
Monforte de Lemos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor |
Pai | Antón Patiño Regueira |
Cónxuxe | Menchu Lamas |
Fillos | Lois Patiño |
Xéneros | Ensaio e poesía |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É membro fundador do Grupo Atlántica. Pintor abstracto, gosta das cores intensas agás no ciclo "Mareas Negras". Realizou numerosas exposicións tanto en Europa (París, Hamburgo, Estocolmo, Bordeos, Zúric...) como en Norteamérica. É autor de ensaios como Xeometría líquida, Urbano Lugrís, Reimundo Patiño: a explosión dun mundo. Vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid. É membro do relatorio de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.
ObraEditar
EnsaioEditar
- Xeometría líquida, 1993, Positivas.
- Reimundo Patiño: a explosión dun mundo, 1999, Auditorio de Galicia.
- Urbano Lugrís, 2004, A Nosa Terra.
- Reimundo Patiño, 2005, A Nosa Terra.
- Urbano Lugrís (viaxe ao corazón do océano), 2007, Edicións do Castro. Traducido ao castelán no 2008 como Urbano Lugrís. Viaje al corazón del océano, publicado en Nigra Trea.
- Lois Pereiro. Radiografía do abismo, 2010, Espiral Maior.
- Universo Novoneyra: a poética do intre, 2010, Espiral Maior.
- Lois Pereiro: dicionario de sombras, 2011, Espiral Maior.
- Todas las pantallas encendidas, 2017, Fórcola.
PoesíaEditar
- Océano e silencio, 2006, Deputación de Pontevedra.
- Teoría do riso, 2015, Xerais.
Obras colectivasEditar
- Hai suficiente infinito, 1999, Xerais, en colaboración con Xavier Seoane.
- Neste silencio: Arredor de Uxío Novoneyra, 2000, Noitarenga.
- Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
Vida persoalEditar
Casou coa pintora Menchu Lamas. Ten un fillo, o cineasta Lois Patiño, e unha filla, Cora.
NotasEditar
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Patiño Pérez, Antón". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 425. ISBN 84-8064-113-4.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Patiño Pérez |
BibliografíaEditar
- "Patiño Pérez, Antón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 69.
- "Patiño, Antón". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 425. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigosEditar
- Antón Patiño Regueira (pai)
Ligazóns externasEditar
- Antón Patiño Pérez na Colección Afundación.
- Antón Patiño Pérez no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
- Pintores de Galicia (2013). TVG. Intervén Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro e Antón Patiño.