Román Pereiro
médico, fotógrafo, crítico de arte, coleccionista e escritor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pereiro Alonso.
Román Pereiro Alonso, nado en Vigo en 1933, é un médico, fotógrafo, crítico de arte, coleccionista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 Vigo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Cónxuxe | Malena Rodriguez-Lepina Portela (†2020) |
Fillos | Marcos, Pablo, Román e Diego |
Traxectoria
editarFillo de médico, estudou a mesma carreira na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1956, e ampliou estudos en Madrid e París, nos campos da citopatoloxía e a anatomía patolóxica.
Foi un dos principais promotores do Grupo Atlántica.[1]
Dirixiu o museo do Real Club Celta de Vigo. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia.
Cartografía procedente da súa colección exponse na Casa da Navegación de Baiona.
Obra bibliográfica
editar- A batalla de Rande, mapas e gravados (1699-1715), ed. trilingüe, Galaxia, 2002, ISBN 84-8288-588-X.
- Luz verde, 2010, catálogo da exposición fotográfica na Casa Galega da Cultura.
Notas
editar- ↑ Sobrino, María Luisa (2008) "A creación plástica", p. 85, en Galicia 25, unha cultura para un novo século (9,09 MB) CCG 1983-2008. ISBN 978-84-96530-73-7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Pereiro Alonso, Román". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 87.
- "Pereiro Alonso, Román". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 362. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas
editar- Entrevista (en castelán).