Museo Municipal Quiñones de León

conxunto museístico da cidade de Vigo

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Museo Municipal Quiñones de León
Pazo Quiñones de León, Castrelos.jpg
Museo Quiñones de León.
Coordenadas42°12′48″N 8°43′39″O / 42.21333, -8.72750
PaísGalicia Galicia
CidadeVigo
DirectorJosé Ballesta de Diego
Inauguración1937
Na rede
http://www.museodevigo.org/
editar datos en Wikidata ]
Quiñones de León, polo escultor Bonome, no Pº de Ángel Ilarri de Vigo.
Policarpo Sanz, doante de varias pinturas ao museo.

O pazoEditar

Artigo principal: Pazo de Castrelos.

O parque de Castrelos e o seu pazo pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, desde Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Valadares e de Mos. Casado con Marianne Wythe, finou sen descendencia aos 34 anos, e que deixou como herdeiro ao seu pai, Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, duque de Santo Magno e Conde de Vañuelas. Este, ao non ter netos, doou o parque e o palacio ao concello de Vigo.

Os xardínsEditar

Véxase tamén: Parque de Castrelos.

No exterior, a transformación da horta traseira do pazo a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa Jacintho de Mattos do Porto, ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, roseiras da parte superior, xardín francés, xardín inglés e bosque.

Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das ventás, o racionalista: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da sebe de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honor do estudoso deste xénero. Conduce cara o viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría fondeaban cableiros ingleses. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos eucaliptos plantados no ano 1872 e un orixinal pombal erguido sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras.

Foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955[1] e dispón dun percorrido sinalizado en linguaxe braille.

A colección do museoEditar

O pazo barroco inclúe salas de arqueoloxía e colección de pintura galega.

ArqueoloxíaEditar

PinturaEditar

O Museo Municipal Quiñones de León (no Pazo de Castrelos) comparte fondos coa Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (na Casa de Arias Taboada), por ser ambos de titularidade municipal.

Autores
 
Serafín Avendaño, Paisaxe, 1895, óleo-lenzo, 58x99cm.

Debuxo e gravadoEditar

EsculturaEditar

Galería de imaxesEditar

Luís XVI recibindo ó duque d’Enghien
Adolphe Eugène Gabriel Roehn. 
Explicación do cadro Luís XVI recibindo ó duque d’Enghien
Adolphe Eugène Gabriel Roehn. 
Interior dunha taberna
Henri Regnault, s. XIX. 
Retrato de Irene de Ceballos.
F. E. Bertier, 1888. 
Adriaen van Nieulandt, Triunfo de Baco e Sileno
Daniel Vertangen, Embriaguez de Sileno
Dionisio Fierros, retratos. 
Germán Taibo, Costa da Bretaña, ca. 1910, óleo-lenzo, 60x72cm. 
Isidoro Brocos Gómez. 
Jan Vermeer van Haarlem (Jan van der Meer II) 1656-1705, Paisaxe
Jean François Eliaerts, Acio de flores
Jean-Baptiste Oudry, Galo e galiña
Jenaro Pérez Villamil, Interior dunha igrexa, 1833-1854, óleo-lenzo, 120x100xm. 
Joaquín Vaamonde, Retrato de Jose Mª Colmeiro Rey, 1895, óleo-tea, 33x30cm. 
Juan Martínez Abades, Paisaxe, 1892, óleo-lenzo, 164x333cm. 
Melchior de Hondecoeter (atribuído), Pavos
Xogo da pita cega, Christian Wilhelm Ernst Dietrich. 

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  1. Con presentación de Joaquín García Picher, prólogo de Francisco Pablos e antecedentes de Ángel Ilarri Gimeno.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar