Bueu

concello da comarca do Morrazo, na provincia de Pontevedra

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016),[1] unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade de poboación de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.[2]

Modelo:Xeografía políticaBueu
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°19′30″N 8°47′09″O / 42.3249, -8.7859
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalBueu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación11.922 (2023) Editar o valor en Wikidata (386,95 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30,81 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porría de Pontevedra e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude239 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFélix Juncal Novas Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Bueu Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36930 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36004 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodebueu.gal Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O concello de Bueu atópase na beira sur da ría de Pontevedra, no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste, coa de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo nordeste, co de Moaña polo sueste e co de Cangas polo sur. O seu territorio está repartido en cinco parroquias: Beluso, Bueu, Cela, Ermelo e A Illa de Ons, adscrita a este concello desde 1844 xunto coas unidades menores do seu arquipélago. A capital municipal está situada en Bueu.

Historia

editar

No concello atopáronse pezas do Paleolítico, e consérvanse restos de poboados castrexos da Idade de Bronce na illa de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividá. Trala romanización de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.

No século XVIII a zona viviu un desenvolvemento económico pola instalación de industrias dedicadas á salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardiña. Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios cataláns e italianos, supuxeron unha revolución nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Massó, onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora. As tres principais fábricas conserveiras existentes no século XX (Hermanos Massó, Jesús Alonso e Attilio Gaggero), todas situadas na fronte marítima da vila de Bueu, desapareceron absorbidas polo desenvolvemento urbanístico. Jesús Alonso, que comercializa a coñecida marca Palacio de Oriente, continúa coa actividade industrial no polígono industrial de Castiñeira, situado na parte alta da parroquia de Bueu.

Bueu constituíuse como concello en 1821, incluíndo, amais das parroquias actuais, as de Aldán e O Hío, que en 1862 pasaron ao concello de Cangas. En 1856 foille concedido o título de vila.

En Bueu editáronse tres periódicos: El Relámpago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).

Cultura

editar

Dende 2008 celébrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

Praias

editar

O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons[3], pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Poboación

editar
Censo total 2015 12.251 habitantes
Menores de 15 anos 1.692 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 8.018 (65.45 %)
Maiores de 65 anos 2.541 (20.74 %)
Evolución da poboación de Bueu   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.233 9.150 10.177 11.961 12.483 12.368 12.348 12.373 12.375 12.352 12.251 12.189
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
editar
  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [4].
  • Se vou a Bueu nun bou, vou, / e, se non vou a Bueu nun bou, non vou

Galería de imaxes

editar
Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Bueu

Parroquias

editar
 
Plano da vila de Bueu
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra)| Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín)

Lugares de Bueu

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu.

  1. "Ficha municipal do IGE". Arquivado dende o orixinal o 17-10-2019. Consultado o 27-06-2017. 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. http://www.concellodebueu.gal/ Concello de Bueu
  4. No texto: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.