Beluso, Bueu
Coordenadas: 42°19′51″N 08°48′49″O / 42.33083, -8.81361
Beluso | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
![]() | |
Concello | Bueu |
Poboación | 2834 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 14 |
Santa María de Beluso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra; ao sur, coa parroquia de Aldán (Cangas); ao leste, coa parroquia de Bueu; e ao oeste, coa ría -tamén chamada enseada- de Aldán. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2834 habitantes (1383 homes e 1451 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3042 habitantes.
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial está dedicada a santa María. Tamén existe unha capela no lugar de San Amedio. A este santuario, citándoo como San Mamede, foi ao que o trobador Johan de Cangas dedicou tres cantigas de amigo.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BelusoEditar
Lugares da parroquia de Beluso no concello de Bueu (Pontevedra) | |
---|---|
A Achadiza | A Costa de Figueirón | A Praia de Beluso | A Roza | A Rúa Nova de Abaixo | A Rúa Nova de Arriba | Bon de Abaixo | Bon de Arriba | Chan de Piñeiro | Montemogos | O Cabalo | San Amedio | Sar | Vilar |
Parroquias de BueuEditar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu | |
---|---|
Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín) |